Sectores

Mesa Xeral Ordinaria (17/03/2023)


MODIFICACIÓN DA RPT DE FUNCIONARIZACIÓN DO GRUPO V:

Tras as alegacións no mes de novembro de 2022 a proposta da administración, nos achegan nova proposta de criterios  na que se pode comprobar unha estimación parcial e insuficiente das mesmas.

Podes descargar a documentación premendo aquí.

UGT solicita a aclaración do total de postos (os totais da memoria e da relación por código de posto non coinciden) e a aplicación dos criterios acordados con este sindicato na Comisión de persoal de 23 de xuño de 2021 na funcionarización do grupo V ordenanza:

  • – Homologación de niveis de postos por categoría por tipoloxía de centro, funcións e prestación de servizos.
  • – Nivel mínimo 10 de todos os postos do grupo V, polo tanto eliminación da proposta dos postos a nivel 9. Co respecto a proposta da administración de novembro de 2022, se estimou a nosa alegación en parte, coa redución nun 50% de postos nivel 9, pero acadarse o nivel mínimo 10 para todo o colectivo.

Non aplicar os criterios da Comisión de persoal do ano 2021 nestas categorías feminizadas que faltan por funcionarizar do grupo V, suporía unha discriminación salarial incoherente coa negociación aberta pola Xunta ao respecto da Lei de igualdade efectiva de mulleres e homes e do I Plan de Igualdade da administración xeral.

Podes descargar a proposta de criterios e a relación de códigos de posto no seguinte enlace: BUZÓN DE POSTOS. Achega as túas aportacións á túa sección sindical ou a uxt.sancaetano@xunta.gal

MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DO MAR:

  • – Non se dá solución aos problemas de persoal da Consellería. Non se atende a unha debida dotación do persoal Gardacostas, no que aínda que se crean 16 postos, seguen a ser insuficientes para contar con dotación axeitada que permita atender en todas as Unidades Operativas e contar con efectivos que atendan a calquera eventualidade que poda suceder (permisos, ITs, vacacións…).
  • – Persiste o problema das titulacións nas Escolas Náutico-Pesqueiras.

Remitiron onte unha nova proposta de Acordo para o persoal biólogo de zona. A memoria funcional carecía do contido mínimo dun acordo de condicións de traballo. Prazo ata o luns para poder remitir alegacións, outra reunión o martes, previa a Comisión de Persoal para tratar as alegacións que se presenten.

MODIFICACIÓN RPT POLÍTICA SOCIAL:

Modificación dunha praza de Titulado/a Superior Psicólogo/a, laboral, transformandoa en praza funcionarial da escala de Psicoloxía N.22, para ofertar a toma de posesión do proceso selectivo finalizado. Ningunha organización se opuxo.

MODIFICACIÓN DA ORDE DE FLEXIBILIDADE POR CONCILIACIÓN E BOLSA DE HORAS DO 5%

Remitida por Función Pública a orde de flexibilidade para a adaptala á Lei de impulso demográfico e a petición de UGT, entre outras, requiriuse engadir a regulación da bolsa de dispoñibilidade horaria do 5%, que prevé o Acordo de concertación, asinado por este sindicato, e que aporta un novo dereito.

UGT rexeita a exclusión de calquera colectivo e os condicionantes de necesidades de servizo. Podes consultar a proposta premendo aquí. Prazo de alegacións ata o luns ás 14:00hs para outra reunión a semana que ven. Podes realizar as túas achegas a: uxt.sancaetano@xunta.gal

ROGOS E PREGUNTAS

PROCESOS SELECTIVOS:

Están publicadas as listaxes de baremo provisional de Bombeiros/as Forestais con prazo de alegacións.

Publicación hoxe ou o luns, as prazas para a elección de destino de:

  • Persoal subalterno
  • Enfermería
  • Psicoloxía (tanto persoal funcionario como laboral).

Publicación na próxima semana apertura de prazo de presentación de documentación:

  • Persoal educador
  • Traballo Social
  • Persoal Veterinario (tanto laboral como funcionario).
  • BBFF, darán data aproximada unha vez rematado o prazo de alegacións.

RPTs

Teñen na DX unhas 10 ou 12 RPTs de Consellerías e organismos, algunhas de máis de 2.000 postos, pendentes que virán á Mesa nas próximas semanas, entre elas a do CGSIB, e unha de Medio Rural de 600 postos.

Orde de Integración do persoal laboral fixo do CGSIB:

Están rematado o trámite administrativo para publicalo, faltaba algún informe que impedía a súa publicación, contan que nos próximas datas debera de estar listo para publicar.

Derivado do debate da RPT da Consellería do Mar, UGT solicitou:

  • A Comisión de seguimento da segunda actividade e Gardacosta
  • A creación dun grupo de traballo que negocie a homologación das RPT de todas as inspeccións da Xunta de Galicia.

 

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.