A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convócanos a Comisión de Persoal Ordinaria o vindeiro venres 20 de decembro de 2024
Os asuntos a tratar son os seguintes:
1.Proxecto de decreto, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2024 do persoal sanitario funcionario ao servizo da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de Creación de Escalas do Persoal Sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma.
Aqui poderás atopar a documentación técnica que nos foi remitida (Memoria Xustificativa, Memoria Económica, Borrador Decreto)
2. Proposta de RPT do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Aqui poderás atopar a documentación técnica que nos foi remitida (Memoria Funcional, Memoria Económica, Informe DXEPAP, Táboas de Equivalencias)
3.Proposta de modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial (subgrupo C1) e no corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial (subgrupo C2), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
Aqui poderás atopar a documentación técnica que nos foi remitida (Memoria Funcional, Informe DXEPAP, Memoria Económica, Clasificación postos de traballo derivados da funcionarizacion e Táboas de Equivalencias)
4. Proposta de Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024
5. Proposta de modificación da RPT da Administracion Xeral e de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
Aqui poderás atopar a documentación técnica que nos foi remitida (Memoria Funcional e Táboas de Equivalencias)