Maña venres estamos convocados/as pola Dirección Xeral da Función Pública a duas xuntanzas de carácter virtual. A primeira, a Mesa Xeral de Empregados Públicos onde imos tratar aspectos relacionados cos contidos da proposta do DECRETO polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 para a posta en marcha e funcionamento de novos servicios públicos.
Seguidamente, e no segundo dos encontros no marco dunha Comisión de Persoal con carácter extraordinario, trataránse os asuntos que se citan a continuación:
(Premendo nas seguintes ligazóns atoparedes nos arquivos toda a información que precisedes)