UGT e CCOO esiximos que esta RPT de acomodación/clasificación de postos/ equivalencia de posto funcionarizado, se vincularan cos criterios da Comisión de Persoal xa aplicados en RPTs anteriores, revisadas seguindo a senda establecida polo Acordo de concertación, que se foron complementando con Acordos de condicións de traballo que tamén engaden melloras salariais e de recuperación de dereitos.
Esta RPT como as anteriores vinculase aos criterios aplicados dende a primeira, pois así o admitiu a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, criterios asinados por CCOO e UGT o 23 de xuño de 2021 (preme neste enlace para verificar) . As Instrucións que reciben as Consellerías segundo puidemos comprobar chegaron e efectivamente seguen os mesmos criterios, (preme neste enlace para verificar).
Polo tanto, CCOO e UGT queremos deixar claro e desmontar bulos e ruído de quen por certo foron os primeiros en funcioanarizase nos anteriores seis procesos executados, posto que as decisións deben tomarse, non por planfletos sen contrastar, senón negro sobre branco e evitar logo situacións que non teñen volta atrás.
Previsión de publicación da RPT de funcionarización dos grupos III e IV: o vindeiro 27 de agosto.
Persoal afectado: persoal laboral fixo que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do 26.04.2021 e do 12.05.2021.
Data de publicación: o vindeiro 27.08.2024 no DOGA A partir da data de publicación o persoal poderá asinar o acordo de extinción da súa relación laboral, os días 27, 28, 29 e 30 de agosto, se ben os efectos administrativos desta extinción serán do 31.08.2024.
Toma de posesión: 2 de setembro, con efectos administrativos do 1 de setembro. A toma de posesión como persoal funcionario de carreira farase con carácter definitivo no mesmo posto que viñese desempeñando como persoal laboral.
O persoal laboral fixo non funcionarizado e o persoal laboral indefinido non fixo e temporal seguirá desempeñando o seu posto de traballo de orixe como laboral.
O persoal que supere o proceso de funcionarización desde un destino con carácter provisional tomará posesión como persoal funcionario de carreira con ese carácter.
Complemento de funcionarización: (persoal e antigüidade) serán recoñecidos pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
Outros complementos ou conceptos en nómina á marxe dos complementos da instrución anterior que a persoa funcionarizada perciba, deberán ser remitidos á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal mediante informe e certificación individualizada da Secretaría Xeral Técnica ou órgano responsable en materia de persoal do Ente no que se solicite o seu mantemento na nómina. Á vista da dita documentación á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ditará resolución de recoñecemento, que será remitida á habilitación da correspondente Consellería ou entidade.
IMPORTANTE: COMPLEMENTOS SALARIAIS QUE NON FORON OBXECTO DE ACOMODACIÓN/CLASIFICACION/EQUIVALENCIA RPT, POR NON ESTAR NA RPT DE ORIXE debe comunicar e certificar a Consellería ou Ente para o seu mantemento en nómina.
Adscricións temporais do persoal funcionarizado: transformaranse de oficio en comisión de servizos pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (previa proposta da Consellería interesada), sendo a súa data de finalización a data prevista na adscrición temporal.
Adscricións temporais persoal non funcionarizado: o persoal laboral fixo (con destino definitivo) non funcionarizado que se atope en adscrición temporal ou en funcións de superior categoría, logo do vencemento da data máxima do 22.08.2024 (data da entrada en vigor da RPT), volverá ao seu posto con carácter definitivo, agás o persoal que se atope en adscrición temporal en virtude de sentenza xudicial, estándose neste caso ao disposto nela.
A cobertura destes postos deberá realizarse en primeiro lugar mediante comisión de servizos; de non ser posible mediante esta figura, acudirase ás listas de contratación temporal.
Non obstante, as adscricións temporais do persoal laboral fixo pertencentes ás categorías profesionais III-99 (coidador/a a extinguir) e IV-04 (auxiliar coidador/a) poderán continuar ao non terse realizado aínda o proceso de funcionarización do persoal destas categorías.
Trienios: o primeiro trienio que este persoal perfeccione como funcionario de carreira, a habilitación de cada consellería deberá incluír a contía que resulte da diferencia entre a contía do trienio como laboral e do trienio como funcionario, no caso de ser este último inferior.
IMPORTANTE: O IGUAL QUE SUCEDE COS COMPLEMENTOS SALARIAIS QUE NON FORON OBXECTO DE ACOMODACIÓN/CLASIFICACION/EQUIVALENCIA RPT, É A HABILITACIÓN DE CADA CONSELLERÍA A QUE DEBE INCLUIR AS DIFERENZAS.
UGT e CCOO levamos moito tempo traballando para que un proceso decidido pola administración non fose obrigatorio e sen garantías como sucedeu noutras administracións, e non imos permanecer calados ante os bulos de quen foron os primeiros en apuntarse do que renegaban para os demais, AS COUSAS COMO SON, E A VAQUIÑA POLO QUE VALE, e seguiremos traballando para que as garantías se cumpran a pesar de que outros traballen para que non se cumpran.
Dende CCOO e UGT seguiremos a traballar para completar a funcionarización e nelas corrixir, se fose necesario, na oitava e próxima RPT de funcionarización, algúns flecos en base á remisión ao Acordo que a Directora Xeral de Emprego público aceptou en resposta a petición destas dúas organizacións sindicais.