Sectores

Eleccións sindicais en Ensino. Programas electorais e candidaturas


UGT traballa pola mellora do sistema educativo e das condicións laborais e salariais de todos os traballadores e traballadoras do ensino.

Defendemos unha educación de calidade para todos, entendida como un servizo público baseado nos principios de igualdade, solidariedade, liberdade e laicidade. Unha política educativa que defenda e potencie a escola pública como eixo vertebrador do sistema educativo para garantir o acceso universal á Educación.

 

Os últimos anos foron difíciles para a educación e os seus profesionais. Durante a pandemia aumentáronse as esixencias para uns docentes que garantiron o dereito á educación do alumnado. Mobilizámonos para esixir as mellores condicións de saúde e seguridade para toda a comunidade educativa, e reclamamos un maior investimento que permita a recuperación dos recortes e un axeitado desenvolvemento da nova lei educativa LOMLOE.

 

Esiximos a negociación dun Estatuto do Funcionario Docente que responda as demandas de profesorado, que inclúa unha auténtica carreira profesional e un desenvolvemento normativo que ofrecezca as oportunidades que necesita a nosa educación e o apoio e os recursos que reclaman os nosos profesionais.

UGT RECLAMA

  • Corpo único: integración de todos os corpos docentes ao A1 con niveis retributivos 24, 26 e 27.
  • Diminución das cocientes e redución do horario lectivo a 18 horas en Infantil e Primaria e 15 horas Secundaria e o resto de Corpos.
  • 4+1 xornada lectiva en 4 días co 5º día adicado á formación, innovación e coordinación educativa.
  • Redución de tarefas burocráticas que sobrecargan o labor docente.
  • Recuperación do poder adquisitivo e os dereitos perdidos desde o comezo da crise.
  • Maior investimento educativo incrementando o PIB ata o 7%.
  • A negociación do Estatuto da Función Pública Docente.
  • Unha promoción profesional ben retribuída, baseada na acreditación da experiencia laboral e o recoñecemento dos méritos.
  • Mellorar das condicións de permisos e licenzas.
  • Plans de formación docente dentro do horario lectivo.
  • A redución da xornada lectiva do profesorado maior de 55 anos.
  • A xubilación voluntaria a partir dos 60 anos, independentemente do réxime ao que se pertenza.
  • Redución da temporalidade mediante a aplicación das medidas establecidas na Lei 20/2021.
  • Oferta de todas as vacantes nos Concursos de Traslados.
  • Proporcionar aos centros os recursos humanos e materiais suficientes: apoios, desdobres, reforzos…
  • Dotar aos centros dos recursos e ferramentas para a atención ao alumnado con necesidades educativas.
  • Ampliar o catálogo de enfermidades profesionais.
  • Medidas de conciliación da vida familiar e laboral.
  • Promover o Medio ambiente e a Sustentabilidade nos centros educativos.
  • Medidas que favorecezcan as políticas de igualdade e equidade.

 

PROGRAMAS ESPECÍFICOS

 

PROGRAMA ELECTORAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL

 

PROGRAMA ELECTORAL DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO

 

PROGRAMA ELECTORAL DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA 

 

PROGRAMA ELECTORAL DE ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

 

PROGRAMA ELECTORAL DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS

 

 PROGRAMA ELECTORAL EDUCACIÓN DE PERSOAS ADULTAS 

 

PROGRAMA ELECTORAL PARA O PROFESORADO FUNCIONARIO INTERINO 

 

CANDIDATURAS POR PROVINCIA

 

coruña           lugo           ourense           pontevedra

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.