Sectores

Mesa Xeral e Comision de Persoal: Lei de Medidas//Mesa Xeral: Orzamentos 2026 Gastos de Persoal

Convocouse Mesa Xeral e dúas horas e media despois Comisión de Persoal, para tratar as modificacións da Lei de emprego público de Galicia que se incorporaran na Lei de medidas 2026, e a continuación Mesa xeral sobre gastos de persoal Orzamentos 2026.

Os documentos chegaron con apenas 10 horas de antelación e actualizáronos minutos antes de dar comezo as reunións.

Lei de medidas

Lei de orzamentos

En primeiro lugar manifestación unánime de queixa polo escaso marxe de tempo e polo tanto imposibilidade de estudo, alegación e negociación. Valoración xeral: non é tanto un problema das novidades que contempla, como o que non contempla, ou a reiteración de manter conxeladas as escalas creadas en grupo B e con acceso como grupo B no grupo C1.

Que contempla de novidade:

  • Eliminación do período de proba nos nomeamentos de persoal interino.
  • Adaptación de todos os permisos de conciliación o marco legal vixente.
  • Eliminar o destino provisional, en documento posterior engaden unha disposición transitoria de dous anos sobre Adxudicación de destinos con carácter provisional derivadas da normativa modificada por esta Lei, pola que a orde de elección será concurso, destino provisional, OPE en orde cronolóxico.
  • Carreira ordinaria e avaliación de desempeño e habilita acordos de convocatorias, desaparece o termo extraordinaria, mentres non sexa de aplicación a normativa de desenvolvemento do artigo 83 da LEPG sobre avaliación do desempeño.
  • Sistemas e tecnoloxías da información: modificación de denominación e titulación da Escala superior, de xestión e creación da escala de técnico especialista C1.
  • Creación da escala instrutor ou instrutora de pesca, grupo B.
  • Modificación de subgrupo e titulación: patrón ou patroa, e mecánico ou mecánica do Servizo de Gardacostas, ambas no grupo B, para adecuar os requisitos

Que segue faltando:

  • Recuperar pagas extra e incrementos do FAS.
  • Levantar suspensións de acordos non substituídos por novas regulacións acordadas.
  • Estender a segunda actividade.
  • Xornada legal de 35hs.
  • Permiso parental ata 8 semanas retribuído.
  • Aplicación das novas formas de xubilación, incluídos os coeficientes redutores.
  • Novo modelo de promoción interna e promoción interna temporal.
  • Dar continuidade os Acordos de condicións de traballo para outros colectivos.
  • Aplicar o grupo B nas escalas nas que xa está desenvolvida normativamente, ampliando a outras escalas, abrindo paso á necesaria reclasificación das mesmas.
  • Concurso de traslados aberto e permanente.
  • Novo Decreto de listas de contratación temporal.

Votación: DXEPAP declara aprobada a proposta co voto en contra de UGT, e de todas as organizacións sindicais representadas na Comisión de persoal.

Logo dunha introdución técnica, refiren as medidas xerais:

  • Contemplar o 0;5% consolidable do Acordo século XXI, xa percibido.
  • Cobertura de carreira.
  • Fondo posible aplicación de medidas de ser o caso o mes seguinte.

Medidas particulares:

  1. Acordos de Educación, Xustiza, Medio Rural e de funcionarización do Consorcio.
  2. Sergas 1.000 prazas(prazas PAC cobertura sábados en Primaria, dotar Centro de Prontoterapia..)
  3. Novas competencias en litoral e aeródromo deportivo de competición

UGT reiteramos a queixa pola falta de tempo para valorar o documentos, e solicitamos aclaración sobre o fondo referido ao que se resposta que a regra de gasto estimada é do 3,3 % tope que non se pode superar, e sobre o total de orzamentos previsto para carreira responden que é de 16 millóns de euros.

A Mesa xeral sobre gastos de persoal do orzamento consiste nunha información da DX, que temos unha vez o ano, e as intervencións sindicais coas respectivas propostas, pero non por elo, deixamos pasar a oportunidade de reivindicar melloras que deberían ter reflexo orzamentario, e sobre as que seguiremos incidindo ata conquerir implementalas:

  • No artigo 21 d) onde pon prestación efectivo poñer servizo activo para percepción do complemento especifico diferenciado.
  • Levantar a suspensión do abono de vacacións a persoal interino de máis de 6 meses en educación.
  • Eliminar a conxelación do FAS.
  • Permiso parental atá 8 semanas retribuído.
  • Dotar a aplicación das novas modalidades de xubilación e cobertura de postos.
  • Pagas extras completas
  • Levantar conxelación do grupo B

Estamos nun proceso de mobilizacións para acadar un novo Acordo estatal que dea continuidade ao Acordo Administración século XXI que deu certezas de incrementos retributivos e que permitiu frear a perda de poder adquisitivo que viñamos arrastrando. Un novo Acordo para situarnos de novo nun marco de certeza de incrementos básicos a complementar cos que se apliquen na Xunta como é a carreira.UGT elaborará as alegacións que fará chegar aos grupos parlamentarios, xa que no ámbito da Xunta non houbo vontade de negociación, con reunión e aprobación no mesmo día sen prazo de alegacións previo

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.