Sectores

Reunión coa Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural (AGADER,AGACAL, SDPCIF)


AGADER E AGACAL: AS CONVOCATORIAS DA OPE EXTRAORDINARIA-2022, OS PROCESOS DE INTEGRACIÓN NO V CONVENIO E OUTRAS CUESTIÓNS

Dende UGT, ao longo do ano 2021 e o que levamos do 2022, mantivéronse distintos contactos con representantes da CMR e dos citados entes instrumentais, para abordar cuestións de relevancia que preocupan e son demandadas polo seu persoal.

Unha vez máis, transmitímoslle ao Secretario Xeral Técnico da CMR a necesidade de convocar os procesos de estabilidade da Lei 20/2021 dende as propias entidades instrumentais, como xa solicitamos en varias ocasións nas alegacións e nas reunións mantidas coa Dirección Xeral da Función Pública. Entendemos, que ao igual que se prevé a convocatoria propia nas entidades do 45b da LOFAXGA, ten cabida a convocatoria propia das entidades do 45a NON INTEGRADAS EN V CONVENIO. A este respecto, comunicóusenos que transmitirán á DXFP a súa dispoñibilidade para a realización das citadas convocatorias, tanto nas prazas temporais ofertadas en AGADER (10) coma nas prazas ofertadas en AGACAL (6) non incluídas na RPT da Consellería, se a dita Dirección xeral acorda que é posible efectualas dende as propias entidades.

Dende UGT consideramos que o feito de que os baremos das convocatorias das prazas ofertadas na OPE Extraordinaria – 2022, afectadas pola Lei 20/2021, negociaranse ao longo dos vindeiros meses na Mesa Xeral de Empregados Públicos, non impide que sobre os mesmos podan, con posterioridade, modularse determinados aspectos específicos das prazas ofertadas nos citados entes instrumentais. Sen dúbida, esta situación é esencial para garantir a súa especificidade, sen perder de vista o seu axuste á normativa legal de obrigado cumprimento.

Por outra banda, os PROCESOS DE INTEGRACIÓN de ámbolos dous entes instrumentais, atópanse en marcha pero sen ter constancia dos prazos previstos pola Administración Autonómica para a súa implementación. Por unha banda, en setembro do ano pasado a documentación do proceso de integración de AGACAL foi remitida á DXFP, e está pendente da súa negociación en Mesa Xeral. Solicitamos dende UGT ao SXT que o antes posible, despois da súa consulta coa DXFP, nos traslade a previsión para o desenvolvemento total do proceso. Por outra banda, no caso de AGADER, despois de ter colgado o borrador do Decreto no Portal de Transparencia e Goberno Aberto, durante un breve período de tempo, non temos novas ao respecto da súa situación actual, nin coñecemento sobre o contido concreto do mesmo ao respecto da súa afectación sobre o persoal da axencia. Como todas as cuestións que afectan ao persoal serán tratadas en Mesa Xeral, polo que lle requirimos ao SXT ter constancia expresa de que chegado o momento negociarase unha integración que se adapte ás distintas situacións existentes entre o persoal da axencia. De tal modo, que unha vez integrada, o seu persoal poida solicitar voluntariamente, de ser o caso, a súa incorporación ou non ao V convenio, afectando de maneira directa, única e exclusivamente, ao establecemento das Xefaturas de Área en mans de persoal funcionario de carreira. A incorporación do persoal, que así o decida, suporá a súa laboralización inicial e a súa posterior funcionarización, unha vez se desenvolvan os correspondentes procesos, segundo o establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Solicitamos que ambos procesos de integración se efectúen con posterioridade á convocatoria das prazas afectadas pola Lei 20/2021, garantindo o comentado con anterioridade, de que as entidades non integradas no V Convenio poidan efectuar as súas propias convocatorias.

Outras cuestións abordadas nesta reunión coa SXT fan referencia a perentoria necesidade de dar solución ás problemáticas existentes nos centros de formación dependentes de AGACAL, ao respecto de:

  • Habilitación docente (CAP) do persoal de campo de apoio formativo,

  • Coordinación do profesorado, con independencia da súa pertenza á Consellería de Educación ou á Consellería do Medio Rural.

  • Cobertura axeitada das vacantes existentes.

PREVISIÓNS SOBRE RESOLUCIÓN DAS OPEs

UGT manifestámonos preocupados por non dispoñer, a estas alturas, de calendario nin de previsións concretas. Somos conscientes das dificultades da súa resolución, que deriva dunha incorrecta convocatoria, pero diso non son responsables as persoas que se presentaron a unha oposición e a aprobaron.

Entendemos que a Administración está a xogar cos tempos, só eles coñecen a realidade das prazas, vacantes ou non, creadas ou por crear, para dar cabida ás persoas que superaron os procesos, é responsabilidade tanto da Consellería como da Dirección Xeral da Función Pública, poñer fin a todo este embrollo.

Por outra banda é necesario que dunha vez por todas, a Consellería, aclare o modelo de distribución dos futuros distritos forestais, o número de efectivos das futuras brigadas, si é que van a mudar, e por suposto a repercusión que todo iso terá no futuro do operativo do SPIF.

 Sobre o proceso de estabilización e a cuantificación das prazas creadas pola “reversión” dos traballos de incendios de SEAGA, manifestamos a nosa preocupación pola súa concreción, sabendo que o criterio mantido por Función Pública durante a negociación da OPE foi o de acreditar a súa inclusión na mesma, considerando aquelas que non cambiaron de Distrito. Por este motivo solicitamos saber en que se concreta o criterio e polo tanto cales son as prazas afectadas e como se vai a ter en conta o tempo traballado en SEAGA, toda vez que existe unha sentenza que anula a modificación do artigo do decreto de listas que posibilitou a entrada en listas deste persoal.

A funcionarización e a conversión do persoal de 9 meses, non pode nin debe esperar máis aló do remate da campaña deste ano. Instamos de igual forma a que a ampliación do tempo de traballo do persoal de 6 meses sexa unha realidade, cuestión que redundará en beneficio non só do Servicio, senón que tamén da protección do noso medio natural. O lume apágase en inverno, coa prevención.

Ao igual que no ano 2008, de xeito responsable, asinamos o V Convenio Colectivo, atendendo a que se incluía o acordo de condicións especiais de traballo do persoal do SPDCIF como anexo ao mesmo, reclamamos e reivindicamos o establecemento de xeito paralelo á funcionarización, dun novo Acordo de condicións de traballo que recolla as especificidades e concrecións das súas competencias, funcións e tarefas, que delimite e concrete aspectos como o da segunda actividade funcionarial do colectivo.

Preguntado por todas estas cuestións e ao respecto de si a Consellería manexa algunha previsión da resolución das OPEs pendentes, tanto da de quenda de promoción interna, como libre e a funcionarización, a resposta é que non manexan datas concretas, posto que é Función Pública quen debe marcar o desenvolvemento das opes. Sobre o resto de cuestións toma nota das nosas consideracións, quedando á espera de que se pronuncien e dean respostas a todas estas dúbidas.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.