O pasado día 30 mantivemos a primeira reunión presencial, dende fai máis de dous anos, para tratar a cuestión da ampliación do cadro de persoal descontinuo proposto pola empresa, a listaxe de prazas ámbito da Lei 20/2021, e o regulamento para chamamentos de persoal descontinuo.
AMPLIACIÓN DO CADRO DE PERSOAL DESCONTINUO:
SEAGA conta cun cadro de persoal descontinuo de 135 traballadores/as, dos que 106 están en activo, 2 en situación de excedencia e 18 manteñen unha relación laboral suspendida coa empresa.
A entrada en vigor da reforma laboral impide a contratación mediante o contrato de obra ou servizo, que era o que habitualmente viña utilizando a empresa e dado que o pasado 9 de marzo ampliouse o cadro de persoal descontinuo en 34 prazas, xurde agora a problemática da súa cobertura.
A pretensión da empresa é a recuperación da relación suspendida deste persoal, co fin de que ocupen de novo as prazas de orixe (incendios), ocupando así parte das prazas que agora se amplían no cadro.
A nova cobertura levará consigo o pase aos 9 meses de traballo, tal e como se conforma o tempo de traballo para as novas prazas e mantendo o plus de mobilidade. De todo isto as persoas afectadas foron informadas.
Na reunión acordouse modificar a redacción do documento que presenta a empresa, suprimindo no expoño segundo “sendo interese do traballador…”, de tal forma que queda claro que é a empresa a que procede, polo seu propio interese a reintegrar ás persoas á praza con suspensión de contrato desde o ano 2019.
Para realizar a cobertura do resto de prazas, UGT solicitou se acudise á listaxe de contratación temporal.
LISTAXE DE PRAZAS OBXECTO DE ESTABILIZACIÓN POLA LEI 20/2021:
O primeiro que nos chama a atención da documentación aportada pola Empresa é que botamos a faltar, precisamente as prazas de persoal técnico e capataz (18), que estando no cadro descontinuo, entendemos son obxecto de inclusión.
A nosa razón non é outra que o determinado na Disposición Adicional Oitava da Lei 20, que determina sobre a identificación das prazas a incluír nas convocatorias de concurso, que:
Adicionalmente, os procesos de estabilización contidos na disposición adicional sexta incluirán nas súas convocatorias as prazas vacantes de natureza estrutural ocupadas de forma temporal por persoal cunha relación, desta natureza, anterior ao 1 de xaneiro de 2016.
Debemos atender en primeiro lugar ao concepto de estruturalidade das prazas, para o que segundo a Resolución da Secretaría de Estado de Función Pública sobre as orientacións para a posta en marcha dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, determínase:
Entendese por prazas de natureza estrutural aquelas relativas a funcións recorrentes que se integran na actividade ordinaria e do normal funcionamento da Administración de que se trate, incluíndo polo tanto, as prazas ligadas a programas ou actuacións que non gocen de substantividade propia e diferenciada da actividade ordinaria.
Dentro o punto 2 das citadas instrucións, das características das prazas a computar, no apartado 2.3. Prazas que incluír no proceso da disposición adicional sexta (que no caso que nos ocupa é a disposición adicional sétima) en virtude da disposición adicional octava, determinase que:
Neste caso, estas prazas vacantes de natureza estrutural son aquelas ocupadas á entrada en vigor da Lei 20/2021 de forma temporal por persoal temporal de larga duración cunha relación de servicios desta natureza anterior ao 1 de xaneiro de 2016, aínda cando se teñan sucedido diversos nomeamentos ou contratos temporais ao largo do tempo na mesma administración, estabilizándose a última praza ocupada.
Aténdonos ao literal exposto UGT esixe á SEAGA que se inclúan as prazas de relación temporal que, ocupadas por persoal desde 2016, e para elo se volva a pasar un novo cadro que cumpra tanto a norma legal como a Resolución ministerial.
O anterior implicará a obrigatoriedade de incluír as prazas ocupadas actualmente polo persoal con contrato suspendido, pola vía de concurso, tal e como así o establece a Disposición Adicional Sétima da Lei 20/2021.
Agardamos esa nova listaxe que dea debido cumprimento ao mandato legal.
Ao respecto das persoas que teñen gañada en primeira instancia unha sentenza, pendente de recurso ante o TSXG, que determina a súa condición de indefinida non fixa na praza de todo o ano, estamos ante unha situación que levaría as prazas a ter que ser ofertadas nun futuro proceso selectivo para persoal fixo aténdonos a redacción dada pola Lei 20/2021, sobre a modificación practicada sobre o artigo 10 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, considerando que o límite máximo da contratación son 3 anos, véndose obrigada a Empresa a convocar antes de tal finalización temporal a cobertura da praza de forma fixa polos sistemas que procedan.
Do anterior UGT conclúe que para dar seguridade xurídica ás persoas e ao proceso deben ser incluídas as prazas no sentido que a norma determina.
REGULAMENTO DE CHAMAMENTOS DE PERSOAL DESCONTINUO:
Respecto a este punto, quedou claro que o chamamento realizase sobre unha lista pechada, co obxectivo de no prazo de dous anos poder ir ampliando o tempo de contratación ata chegar aos 9 meses, dependendo das encargas que poda ir collendo a Empresa.
UGT manifestase a favor da ampliación do tempo de traballo para o persoal e insta a Empresa a que asuma ese compromiso que permita a asunción de busca de carga de traballo que así o permita.