OPE LEI 20/2021
Os erros que puideran ser detectados, tanto nas convocatorias como nas listaxes de postos, que se publicarán, logo de ser alegados, serán corrixidos ata o día 16 de xaneiro.
Trátase de procesos selectivos abertos que serán realizados de forma exclusiva sen acumularse a outro tipo de procesos selectivos.
Está prevista a devolución de taxas, para aquelas persoas que na actualidade estean a realizar probas selectivas da administración xeral e acaden praza no proceso, para elo intentarán acelerar o máximo posible os procesos convocados.
No primeiro semestre do 2023 publicaranse todas as listas que están pendentes e que derivan dos procesos anteriores, para poder ir avanzando na elaboración das listas dos procesos de estabilización.
No 1º trimestre publicaranse o nomeamento de tribunais. A partir do 10 de febreiro, prevén ter os datos daquelas persoas que teñen que realizar a proba de galego. Aquelas especialidades, escalas ou categorías nas que ningunha persoa candidata teña que realizar a proba sairán antes que aquelas onde si teñan que realizala.
Antes do 16 de xaneiro publicarase unha guía-cuestionario aclaratoria das dubidas e preguntas máis frecuentes en relación cos procesos.
Esta semana comeza a publicación na web de Función Pública dos listados de códigos de prazas por escalas e categorías, con 4 díxitos de DNI e iniciais nominais. Explican que aquí pódese dar a casuística de que quen ocupa a praza na actualidade non sexa a mesma que a ocupaba a 31/12/21, facendo a advertencia de que procederán ao análise das alegacións que se acheguen.
Hoxe mesmo, confirma que se engadiron 39 prazas en concurso e 7 en concurso-oposición das alegacións dos sindicatos. Hoxe non envían o listado das modificación das prazas do Decreto de OPE, para incluír esta ampliación, enviarase o antes posible como provisional, xa que ata o 9 de xaneiro podemos achegar alegacións e ata a nova publicación o 16 de xaneiro pode sufrir variacións.
Ata o 9 de xaneiro hai prazo para alegar a cada unha das cuestións referidas as prazas que se estime, así si se considera que falta algunha.
O cómputo de servizos prestados de determinado persoal de incendios, do persoal transferido, a inclusión de Ministerios na formación puntuable, será incluída na ampliación de criterios a aplicar nunha resolución do día 16 de febreiro, polo que temos de prazo ata o 9 para revisar códigos de postos e as consideración que vexamos, a maiores das indicadas.