Sectores

UGT pide ao Ministerio unha negociación urxente para desenvolver o Estatuto da Función Docente que incorpore a todos os corpos docentes a A1

O sindicato considera inaprazable a convocatoria da Mesa Sectorial de Educación para cumprir os prazos e contidos da LOMLOE relacionados coa mellora da profesión docente.

UGT pide ao Ministerio unha mesa de negociación urxente para desenvolver o Estatuto da Función Docente que incorpora todos os corpos docentes ó A1

Coa aprobación da LOMLOE e a súa entrada en vigor o 19 de xaneiro de 2021, determinouse que, no prazo dun ano, o Goberno, consultadas as CCAA e aos representantes do profesorado, abordaría unha proposta normativa para regular, entre outros aspectos, a formación inicial e permanente, o acceso e o desenvolvemento profesional docente.

Ata o día de hoxe, e despois de dous anos, a negociación co Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte limitouse a unha primeira e única reunión da Mesa de Negociación do Persoal docente non universitario –celebrada o 27 de xaneiro de 2022–, onde O Ministerio presentou un documento que recolle ’24 medidas de reforma para a mellora a profesión docente para o debate’.

Ante a situación na negociación da Mesa Sectorial de Ensino, o Sector de Ensino de Servizos Públicos de UGT, enviou onte unha carta á Ministra, Pilar Alegría, para insistir na urxencia de retomar as negociacións coas organizacións sindicais e elaborar un Estatuto Docente que regule o conxunto de dereitos e deberes do persoal do ensino público non universitario.

Esta normativa debe partir, ao noso xuízo, dunha premisa inicial que é a incorporación de todos os corpos docentes ao subgrupo A1 cunha revisión dos complementos de destino no recoñecemento, alomenos, dos niveis 24 de infantil e primaria, 26 de secundaria e 27 para catedráticos e inspectores. A nosa proposta baséase no mesmo requisito de titulación, procedemento de ingreso e responsabilidades similares.

Esta reivindicación ten unha importante traxectoria histórico en UGT, sendo orixinalmente formulada como Corpo Único de Profesores e incorporada ás nosas resolucións do Congreso en 1920. Ademais, na actualidade provoca a unanimidade sindical.

Ademais, reivindicamos que o futuro Estatuto Docente contemple tamén, entre outros aspectos, a redución da xornada lectiva do profesorado -18 horas para educación infantil e primaria, e 15 horas para ESO-; o dereito á xubilación anticipada do profesorado que non pertenza a clases pasivas, á formación en horario lectivo e á promoción profesional vertical e horizontal.

Tanto o Goberno Central como os gobernos autonómicos veñen plantexando a necesidade de dignificación da función docente e a regulación das súas condicións. Por iso, urxe a convocatoria da Mesa Sectorial do Ministerio para iniciar as negociacións, así como plantexar no seo da Conferencia Sectorial o comprometido na LOMLOE con respecto ao profesorado.

 

7 de febreiro de 2024

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.