Sectores

Traballadores dos centros educativos con concerto e sen concerto do Convenio de Discapacidade


 

UGT Servizos Públicos propuxo, nas últimas Mesas Negociadoras do Convenio de Discapacidade a actualización dos salarios para os anos 2020 e 2021 do Persoal Complementario Titulado e o Persoal de Administración e Servizos dos centros educativos con concerto e sen concerto do XV Convenio Colectivo Xeneral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.

A proposta dos incrementos dos módulos de concertos 2% para o 2020 e un 0,9% para o 2021, vén avalada pola necesidade de actualizar os salarios destes 2 anos pertencentes aínda ao XV convenio colectivo. Unicamente viuse reflectida esa subida o persoal docente de pago delegado dos centros educativos con concerto porque os seus salarios págaos directamente a Administración.

UGT Servizos Públicos seguirá insistindo nas próximas semanas para que as táboas salariais sexan actualizadas sen máis demora e que os traballadores e traballadoras afectados poidan cobrar os atrasos canto antes.

Xa no borrador dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022, vén un incremento dos módulos económicos de concerto dun 2%, o que supoñería que para o ano 2022 ese 2% deberá ser aplicado igualmente para os traballadores dos centros educativos. No caso do persoal docente en pago delegado o sería de maneira directa e para o resto de traballadores pola vía da  negociación colectiva.

UGT Servizos Públicos insistirá na necesidade de actualizar os salarios de cada un dos colectivos que forman o Convenio  Colectivo Xeneral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade

Traballadores_dos_centros_educativos_con_concerto_e_sen_concerto_do_Convenio_de_Discapacidade_(1).docx

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.