Sectores

Reunión Comisión de Seguimento Acordo de Política Social

PROPOSTA DE CRITERIOS DE CÓMPUTO DE XORNADA

O primeiro cambio é que se acepta a alegación sobre vacacións e permiso relativa a que “Se establecerán criterios de desenvolvemento para a aplicación da normativa xeral coas especificidades das cláusulas do Acordo para o disfrute de vacacións e permisos, dentro e fora do período establecido. A Subcomisión de intersusubstitucións elevará a Comisión unha proposta que homoxenice o dereito o desfrute de vacacións e permisos para todos os centros de traballo do ámbito de aplicación do Acordo”.

O outro cambio é a inclusión dunha cláusula sobre “Activación e unificación de subcomisiónsde traballo claúsula novena: Unificaranse os traballos nunha subcomisión que tratará as seguintes materias: criterios de desenvolvemento para a aplicación da normativa xeral coas especificidades das cláusulas do Acordo para o desfrute de vacacións e permiso; medidas que eviten a sobrecarga de traballo no funcionamento dos centros como consecuencia da determinación das adaptacións dos postos de traballo e uso do comedor e refire de palabra que será para a quenda de Mañá previo pago dunha contía, establecendo uns criterios. .

UGT reiteramos que se debe facer unha correcta aplicación do Acordo:

  • Xornada de traballo: respectar o límite de 5 xornadas consecutivas de traballo e de dúas noites, e en respectar en todos os casos a colocación das C resultantes de traballar domingos e festivos, evitando o solapamento/absorción de descansos obrigatorios entre xornadas.
  • Compensación de traballo os días 24 e 31 de decembro cun descanso adicional como establece o Acordo, ás persoas que efectivamente presten servizos eses días considerados festivos especiais. Vacacións: reiterar que se establezan criterios claros, concisos e únicos para a concesión dos períodos vacacionais en igualdade de condicións en todos os centros.
  • Presenzas en carteleira: o criterio de aplicación de respectar as presenzas e non aplicar o Acordo reducíndoas e por tanto aumentando a carga de traballo, debe cumprirse e tal e como se estableceu, modificar a RPT coa consecuente creación de prazas naqueles centros nos que non se mantiñan as presenzas preexistentes antes do acordo, ou se produce unha descompensación entre cargas de traballo e presenzas nas carteleiras.
  • Adaptacións de postos: a ausencia de medidas de que eviten a sobrecarga de traballo por adaptacións de postos, reduce a presenza en carteleiras, e incúmprese o acordado sobre estudar nunha subcomisión que se ía a constituír e non se constituíu.
  • Subcomisións: reiterar que se cumpra a creación das subcomisións que se citan no acordo para dar solución aos múltiples problemas existentes nos distintos centros como consecuencia de non ter protocolos claros de actuación. Na última reunión comprometeuse a constitución inmediata da subcomisión de comedor e nin esa sequera constituíuse.

PROPOSTA DE INTERSUBSTITUCION E XORNADA COMPLEMENTARIA

A nova proposta estima alegacións sobre a definición de cobertura urxente e inmediata e procedemento, certificación de xornadas de intersubstitución a efectos de compensacións pendentes de disfrute en cese por vínculos temporais, procedemento para xornada complementaria, voluntariedade, e compensación de 1 descanso adicional por cada catro intersustitucións. No obstante na compensación económica o incremento sobre as contías da proposta de abril de 2025 se queda nun do 5%.

UGT reiteramos que a nosa proposta de incremento era superior

RESPOSTAS DA ADMINISTRACIÓN

24 e o 31, reiteran que xa están as 16 F nas carteleiras como compensación deses días.

– Na próxima Comisión se estudiará si en algunha carteleira de efectivos impares se chega ao 60% dos fins de semana. Din que non levamos problemas concretos coas carteleiras. UGT enviou informes detallados da carteleiras tanto a Función Pública como a Política social.

Presenzas, argumentan que se fixo un estudo cuantitativo entre o ano 2023 e o 2024, tendo en conta os patróns, e viuse que aínda que algúns días as presenzas baixaran, otros subían, entón quedaba compensada a cousa.

– Consorcio refiren que non se produce solapamento de función entre PSX e Xeros.

Incremento de persoal reiteran que se crearon máis de 200 postos para dar cabida ao Acordo. No caso puntual da falta dunha enfermeira en Lugo, di que se creou un posto de coordinadora por petición do centro, pero que a RPT en principio era de DUE.

Por último, manifestan que convocaran a Subcomisión unificada pero non dan data. Abre prazo ata venres 12 para novas alegacións.

UGT discrepamos das respostas e alegaremos novamente, O Acordo aportou melloras económicas e un incremento de prazas e a conversión en tempo completo de prazas a tempo parcial, pero a ditos avances hai que darlles continuidade coa revisión das cargas de traballo sinaldamante as derivadas da non cobertura das adaptacións de postos de traballo, criterio que non é consecuencia do Acordo. E insistimos en que se debería activar xa a Subcomisión e non desvirtuar o Acordo.