Sectores

Resumo da Mesa Sectorial: integración do profesorado técnico de formación profesional no corpo de secundaria, modificacións do calendario e máis.


Na Mesa Sectorial de Educación de hoxe comezamos por tratar a Addenda do Acordo de Interinos pola que a participación nas próximas oposicións, cuxa convocatoria se publicará previsiblemente no DOG do 22/12, non suporá novas incorporacións ás listas de substitucións.

 

UGT-SP e o resto de asinantes do Acordo de Interinos vimos de convir dita addenda en atención ó carácter excepcional do concurso-oposición que se convocará en aplicación do artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro. Vistas as reducidas posibilidades de traballar que terían os novos aspirantes, entendemos que esta addenda supón un exercicio de responsabilidade. 

 

Con respecto á segunda convocatoria do procedemento para que o profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario,  aclara que non presenta diferencias salientables coa primeira e que permitirá a integración progresiva dos solicitantes que cumplan os requisitos ata o 19 de xaneiro de 2026. 

 

Comenzamos por pedir información sobre a primeira convocatoria de integración. Ante a petición de datos da cantidade de solicitantes, a Administración aclara que aínda non ten números concretos.Tampouco hai previsións exactas da data de resolución. 

 

Con respecto a esta segunda convocatoria, a Orde vai dirixida ó persoal que durante o prazo anterior aínda non cumpría os requisitos e que os acade antes do 19 de xaneiro de 2026. Tamén se poderán sumar aqueles que, cumprindo os requisitos, non solicitaron a integración na convocatoria anterior. Sen embargo, nesta convocatoria o nomeamento xa non se producirá con efectos retroactivos, aínda que sexa persoal que cumpre cos requisitos dende xaneiro do 2021. 

 

UGT insiste en solicitarlle á Administración que se negocie a nivel ministerial para que o prazo de presentación das solicitudes de integración sexa indefinida no tempo, non só ata o 19 de xaneiro de 2026. Tamén pedimos que a Consellería adopte medidas que faciliten a consecución do grado e que dependen directamente dela.

 

A este respecto, plantexamos a opción de que se cree un convenio entre a Consellería de Educación e Formación Profesional e a Consellería de Universidades para establecer mecanismos de convalidación de créditos da experiencia laboral e docente que permitan integrar a totalidade do PTFP no Subgrupo A1. Esta cuestión será trasladada ás Consellerías afectadas. Asemade, pedimos que se recuperen as licenzas de estudos por un curso escolar para facilitar a consecución dos títulos requeridos.

 

Con referencia á proposta de axustes no calendario de avaliacións de final de curso na etapa de ESO  do que só temos referencia polos medios de comunicación, entendemos que o asunto non foi presentado á Mesa en tempo e forma porque non aparecía na convocatoria nin se nos envíou un borrador. Por este motivo non imos entrar no fondo do asunto á espera de ter o borrador por escrito. Congratulámonos, sen embargo, de que se estean estudando medidas para evitar o caos que, como viñamos advertindo dende a negociación do calendario escolar 2021-2022, se produciu no final do pasado curso na etapa de secundaria.

 

No apartado de VARIOS:

 

» Preguntamos sobre a desaparición da información sobre as notas de aprobados e non aprobados das Consultas públicas do aplicativo Oposicións. A administración aclara que este cambio se debeu á necesidade de aplicar a Lei de protección de datos de carácter persoal. Permanecen  accesibles os datos do proceso selectivo actual.  

» Tamén reiteramos o problema co profesorado galego que aspira a participar na convocatoria de AEEE. O feito de traballar como profesor en programas AICLE/CLIL non está correctamente acreditado. Só dispoñemos da acreditación da formación, non de desenvolver a función. Polo tanto, estes certificados non son válidos e os docentes aspirantes perden puntuación todos os anos. Pedimos que se estableza un procedemento para certificar o traballo desenvolto dos docentes que imparten materias nun idioma estranxeiro. A administración insta ós docentes nesta situación a solicitar a certificación correspondente á Xefatura Territorial competente.

» Con referencia ás licenzas de formación a previsión é que se traigan á Mesa en xaneiro.

 

Para acceder ó contido completo preme no noso Informa-t

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.