Resumo da Mesa Sectorial: Anteproxecto de Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023

Resumo da Mesa Sectorial: Anteproxecto de Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023

Na reunión da Mesa Sectorial de hoxe, tratouse a Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cando fai un ano se nos propuxo o cambio de calendario, o cambio das probas extraordinarias de setembro para xuño,  nós non estivemos de acordo co cambio e así o expuxemos. Xa nos temíamos que detrás dese cambio iba vir unha ampliación de días lectivos.  Reunións e planificación de cara ao inicio do curso seguinte que vai haber que levar a cabo en xullo.  Coa orde que agora se nos presenta, vemos que non estabamos desencamiñados nas nosas previsións.

Antes de abordar o calendario do vindeiro curso, comezamos por transmitir a preocupación dos docentes en canto aos cambios que houbo xa neste curso. En Secundaria a maior preocupación céntrase no remate do curso actual coas probas extraordinarias e coa planificación para o alumnado que teña todas as materias superadas na avaliación ordinaria.

Ante estas reflexións, a Administración resposta que confía no bo facer do profesorado as cousas e que saberá como facer co alumnado que necesite ben completar ou reforzar competencias.  Confirman ademáis que todo esto si que nos levará a  traballar en xullo, pero que con iso non se estará facendo nada novo. 

Como críticas xerais á Orde de calendario plantexamos ademais as seguintes dificultades que nos anticipan claustros de diferentes etapas e ensinanzas: 

No caso das Escolas Oficiais de Idiomas, este ano pasaron a xuño as probas de clasificación. Isto consegue restar alumnado, xa que os adultos con vida laboral e familiar deciden as actividades que van realizar durante o curso escolar en setembro e non en xuño. Isto vai prexudicar seriamente o volume de estudantes. Ademais, teñen un prazo de matrícula aberto ata o 7 de setembro, e se as clases comezan o 8 de setembro hai que validar as matrículas manualmente, e comprobalas, vai haber moito caos burocrático, a xente vai comezar as clases sen ter as matrículas validadas, sen ter a documentación correcta, cada ano aparecen matrículas erróneas porque os alumnos se matricularon onde non debían. Unha vez rematado o prazo de matrícula é necesario revisar as inscricións, e non hai días para tal efecto porque as clases comezan de inmediato. 

No caso dos CMUS, tendo en conta as esixencias do calendario habitual en función das datas que marca a orde, habería departamentos, como por exemplo para o Departamento de Teclado e piano de acompañamento, cunha marxe totalmente insuficiente para preparar o incio do curso.

A pregunta que máis nos repiten os docentes de todas as etapas é se será esta unha forma encuberta de poñer o mes de xullo? Temos constancia de que este tema xa se comentou dende Inspección nalgúns centros, plantexando que se non tiñan marxe suficiente en setembro a solución pasaba por actualizar todos os currículos, xestión de reunións, trámites e ter todo listo en xullo para comezar rapidamente en setembro. 

En canto ó articulado da Orde propoñemos as seguintes correccións:

Art. 4.2. “As direccións remitirán as programacións didácticas á Inspección educativa, antes do día 20 de setembro”... O curso pasado pedíanse para o día 25, cal é a razón deste recorte de 5 días? Se o profesorado se adica as reunións, aulas, expedientes, familias, non queda oco para a elaboración das programacións. Ademais demandamos formación dentro do horario lectivo para aprender a utilizar o novo aplicativo informático que a día de hoxe os docentes afectados descoñecen. A  Administración indica que o propio artigo prevé unha flexibilidade para os cursos impares debido ás circunstancias deste curso. Con respecto á aplicación informática, semellante á que utilizan en formación profesional, ten vantaxes porque só consiste en marcar ítems e ten que redactar só en dous apartados relacionados coa metodoloxía e a avaliación. Sen embargo si  vai ofertar formación para os docentes, comezando por infantil e primaria.

Artigo 4.4 “os centros docentes … poderán optar por unha incorporación gradual do alumnado matriculado no cuarto curso da etapa de infantil”. Reiteramos que non é de recibo deixar nas mans dos centros a decisión de ofrecer ou non un periodo de adaptación. Isto podería levar a presións das familias e comparacións entre centros que non ocurren cando a escolla parte da Consellería. Cando expresa “garantindo, en todo caso, a atención a tempo completo do alumnado cuxas familias ou representantes así o soliciten”.  Nos centros de ensino non poden primar as necesidades de conciliación sobre as pedagóxicas. A  Administración insiste en que, dado que ás familias se lles supón un interese no ben do menor, non se pode condicionar o periodo de adaptación á decisión do docente.

Artigo 12.5 sobre o horario do profesorado “non poderá supor variación do número global de horas semanais” debería incluir “nin se poderá aumentar o número de xornadas partidas ou os turnos de tarde que xa se tiñan asignados” porque esas variacións si que afectan á organización da vida dos docentes. Esas mudanzas non se permiten noutros sectores da  Administración nin na privada.

En canto ás conmemoracións insistimos en que se fixe unha data concreta pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia. Deixar sen fixar a data podería contribuír a que pase desapercibida e non estamos dispostos a dar pasos atrás nese sentido.

VARIOS

Con respecto ó currículum da ESO e Bacharelato, insistimos na necesidade de tramitalo canto antes. A  Administración comunícanos que na semana do 16 ao 21, probablemente o 19 se debata en Mesa Sectorial o currículum da ESO.

Con respecto  á tardanza en desenvolver o Real Decreto de especialidades que afectará ó profesorado de FP, a  Administración comenta que é evidente que lle corresponde ó Ministerio, pero a Administración galega tomará medidas provisionais para garantizar as necesidades dos centros.

Chamamentos: volvemos a insistir en que non se borren as vacantes que colgan os centros e se lles envíe o persoal que precisen porque non se está facendo.

 Ó respecto da tramitación do PIALE: está en proceso de contratación, quedou deserta a primeira convocatoria e estamos esperando á segunda convocatoria.

Revisa todos os datos no noso Informa-t

volver arriba

Coñécenos

Sectores

Servizos

Areas

Siguenos

Utilizamos cookies propias y de terceros para nuestros servicios, analizar sus hábitos de navegación, elaborar información estadística e inferir grupos de interés. Además compartimos los análisis de navegación y los grupos de interés con terceros. Al clicar en "Aceptar" o SI CONTINÚA NAVEGANDO, ACEPTA SU USO. También puede CONFIGURAR O RECHAZAR la instalación de cookies  “Cambiando la configuración de su navegador".