Sectores

Resumo da Mesa Sectorial: currículos e convocatoria de PIALE


MESA SECTORIAL 14/03/2023:

Na reunión da Mesa Sectorial de Educación celebrada no día de hoxe comenzamos por examinar o borrador da Orde pola que se convocan prazas destinadas ó profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ó Programa Integral de Linguas Estranxeiras (PIALE).

A este respecto facemos as seguintes consideracións xerais previas: 

1.  Lamentamos que non se aumentaran o número de prazas e que non se introducira o idioma italiano. Tampouco entendemos que se aumente o nivel requerido a un B2. A Consellería entende que este nivel garantiza un mellor aproveitamento do programa. Con respecto ó italiano, ó non existir ningunha sección bilingüe entenden que non é unha cuestión prioritaria.

2.   É unha convocatoria de formación na que se deixa completamente fóra ó persoal interino, o que consideramos de pouca equidade. O persoal interino  defínese exclusivamente pola posibilidade de non permanencia: non é profesorado de segunda e debe poder optar á formación en igualdade de condicións. Polo tanto, unha vez máis, pedimos que esta convocatoria se abra e se muden os méritos contando os anos de servizo independentemente da condición contractual do solicitante.

A Administración responde que non entrará neste punto e quedará así.

3.  Pedimos que se inclúan criterios que posibiliten a acumulación de prazas se houbese vacantes nalgunha modalidade. Especialmente a actividade 5 debería abrirse ós  PES especialistas en inglés que impartan en EOI se houbese vacantes. A Consellería indica que se estudiará incluir criterios neste sentido.

4.   Debería explicitarse que o persoal seleccionado para as actividades en xullo estará exento da obriga de participar en tribunais de oposicións. Ten habido problemas neste sentido en anos anteriores. Daráselle unha volta pero enténdese que é obvio.

En canto ó articulado: 

Artigo 2:

MODALIDADE 1. INTEGRACIÓN. Observamos que se quita a fase 1 de 25 horas de formación lingüística en Galicia que supón unha perda de 3250 horas de formación que non se materializa en máis prazas.

No punto 2 da fase b) , ó contrario que na pasada edición, non están definidas as características da proposta didáctica senón que fai referencia a un eventual modelo que enviará a Consellería. Entendemos que se debe publicar un anexo indicando ó esperado dos participantes de xeito claro e previo á súa solicitude. A Consellería indica que ofrecerá o modelo antes de que se abra o prazo de solicitudes.

Artigo 4: Omiténse os puntos 1, 2 e 3 que daban a posibilidade de acreditar un nivel lingüístico superior e que se actualizara de oficio, considerámolo outra gran perda.

Por último, aínda que non se refire estrictamente a esta Orde, queremos recordar a importancia para a aprendizaxe de linguas estranxeiras da que fora a Modalidade 6 dentro das licenzas de formación: Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior. 

Temos moita afiliación especialista en idiomas estranxeiros, que nos fai chegar que malia á súa formación, para estaren actualizados precisan de estancias immersivas de tanto en tanto. Gustaríanos saír hoxe de aquí co acordo de que esta modalidade, omitida en tempos de COVID, se volverá retomar.

Continuamos revisando as Ordes polas que se desenvolven os currículos.

Antes de entrar no articulado das Ordes, gustaríanos insistir en que non se pode facer efectiva a atención á diversidade ou necesidades especiais sen proceder á redución de ratios e de horario do profesorado.

Por outra banda, estamos en total desacordo coa revisión mensual da programación que se establece en todas as etapas. Parécenos excesivo, o docente ten a obriga de actualizar a programación cando xurdan modificacións, de establecermos unha reivisión obrigatoria debería coincidir coas avaliacións.  Cunha revisión trimestral sería suficiente, para non sobrecargar de traballo burocrático.  Ante esta queixa, que se une a moitos outros exemplos de carga burocrática, a Consellería refire á necesidade de ter garantías no procedemento administrativo no que se inscribe a educación.

Por último, debería recoñecerse a función titorial a través de disminución de carga horaria e un mellor complemento salarial.

Continuamos revisando o articulado das Ordes polas que se desenvolven os currículos e ordenación das etapas de:

Infantil

Proxecto de Orde pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

 En canto ó articulado salientamos: 

Art. 4: Incorporación gradual do alumnado: modificación do pto 1

  1. Os centros deberán optar por unha incorporación gradual… Os cativos necesitan un período de adaptación á nova situación na que se atopan, non se pode deixar a decisión nas mans das familias. Ademais deberíase contar con profesorado de apoio cando menos ó longo do primeiro trimestre. A Consellería non se manifesta neste punto.

Art. 6: Profesorado:

  1. A atención das persoas especialistas e o apoio  ós titores e titoras está supeditada ós recursos do centro e non garantizada. Debería rectificarse.  

Art. 9: Concreción curricular:

4. Pedimos que a aplicación do PROENS se adapte máis á etapa de infantil. 

Art.12: Plans educativos

3. “Este plan servirá como diagnóstico da situación do centro que permitirá dotar aos centros das necesidades detectadas.” Entendemos que debería ir acompañado da dotación correspondente.

 Primaria

Proxecto de Orde pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 En canto ó articulado salientamos: 

Art.4: a redacción de “cando menos 25 horas semanais”  de actividades escolares deberíase corrixir a “como máximo”.

Secundaria

ORDE do XX do XX de 2023 , pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ante todo estamos en desacordo cos itinerarios prefixados que impiden a libre elección do alumnado en favor do aforro de recursos nos centros tanto nesta etapa como na de bacharelato.

En canto ó articulado salientamos: 

Artigo 4    As materias optativas de terceiro e cuarto e as materias de opción de cuarto non deberían depender dun número mínimo de alumnos que se matriculen na devandita materia. Isto vai en detrimento da calidade educativa. Todos os alumnos deberían ter a opción de cursar  as materias que elixisen, sen depender de se outros alumnos a escollen e por tanto chegan ao número mínimo de alumnado ou non.

Artigo 23 que se repite no artigo 25 para a etapa de  bacharelato.

“Poderá contarse coa participación do profesorado que realice o seguimento e a avaliación das materias pendentes”   Non queda explícito quen o decide, suxerimos a redación “deberá contarse”.

Bacharelato

ORDE do XX do XX de 2023 , pola que se desenvolve ou Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e ou currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

En canto ó articulado salientamos: 

Artigo 4. 1

As materias específicas de modalidade segundo a orde non poden ofertarse se son menos de 5 alumnos. Parécenos que deberían baixar a cociente debido a que un alumno que quere estudar unha materia non pode depender do número de alumnado matriculado na devandita materia. Ademais tendo en conta que a aula se pode desagregar en como mínimo 3 grupos é moi fácil que nunha opción sexan menos de 5 alumnos, polo que pode ser un agravio comparativo con respecto a outras opcións máis demandadas, onde haxa máis matriculados.

Artigo 4. 4

Algo similar ocorre coas materias optativas, o número mínimo para que se ofrezan unha optativa é de 10 alumnos, se se ofrecesen 2 materias como optativas (que nos parecen poucas) é moi probable que un centro cunha  liña  caia unha das optativas por falta de alumnado.  A alternativa que se expón na orde é que os alumnos cursen dita materia a través dos ensinos para persoas adultas mediante a modalidade educación a distancia. Pensamos que isto vai en detrimento da calidade educativa. Todos os alumnos deberían ter a opción de cursar  as materias ofertadas de forma presencial no centro no que está matriculado. A Consellería informa que é a maneira de ofrecer todas as materias ao alumnado independentemente do centro no que cursen os estudos.

Artigo 8.2

Un alumno que decide cambiar de materia específica de modalidade en segundo curso de bacharelato. O departamento didáctico crea unha proba para comprobar se este ten os coñecementos  do primeiro curso, se o alumn@ resulta apto  pensamos que este apto debería computar como materia superada e deberíase engadir esta cualificación ao seu expediente xa que é o propio departamento didáctico é o que elabora probas/actividades. Non entendemos como o alumnado que aproba independentemente cando  realice a proba: en convocatoria ordinaria, extraordinaria ,ou como é o caso que aquí nos compete, “antes do inicio das actividades lectivas”, debería constar dita nota no seu expediente.

 

Artigo 28

1º de Bacharelato

No período que abarca desde a avaliación final ata a avaliación extraordinaria todo o alumnado debe permanecer na aula. Polo que o profesorado pódese atopar nunha clase de 50 minutos, alumnos con apoio educativo, recuperación, reforzo,  e por último alumnos con ampliación. Isto vai en detrimento da calidade educativa posto que un profesor non pode dar prioridade aos alumnos que realmente o necesitan e os alumnos con ampliación non están motivados despois de superar o curso holgadamente.

Modificación dos Decretos de ESO e Bacharelato

Con respecto ás modificacións nos Decretos da ESO e Bacharelato, que teñen que ver coa posibilidade de ofertar novas materias optativas, congratulámonos da rectificación. Aínda así botamos en falta un debate máis en profundidade con relación á carga horaria das diferentes materias. A Directora Xeral concreta que a ampliación da oferta de materias optativas faránse dende a Consellería para o vindeiro curso ou o seguinte, non hai materias nin data fixadas.

Varios

Insistimos en que a Consellería ten que abrir unha liña de debate no que respecta a baixada de ratios e horario como xa pasou noutras CCAA. A Directora nos indica que non é competencia da súa dirección pero que o trasladará.

Botamos en falta un debate a fondo do calendario escolar. Entendemos que se debería convocar unha Mesa Sectorial con suficiente antelación para tratar cuestións de calado. Pasará proximamente por mesa sectorial.

Pedimos que pase por Mesa Sectorial o tema de Acreditación Dixital docente para que se regule e se especifiquen os méritos valorables.  

 

 

Para acceder ó contido completo preme no noso Informa-t

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.