Sectores

Presentación FIDES ás Organizacións Sindicais

FIDES: Un cambio moi necesario e reivindicado polo Sindicato para estar a altura dos tempos non que vivimos.

Comprometida unha reunión informativa sobre o FIDES Xunta cando se debateu a regulación do expediente electrónico, celebrouse onte.

A primeira cuestión a destacar é que aínda que se introduza datos, non se van a validar datos introducidos, ata o 6 de xaneiro de 2024, e se irá validando en base a procesos de estabilidade ou concurso segundo a prioridade de execución.

Polo tanto recomenda esperar a que se complete o deseño do aplicativo e que a medida que se anuncien a apertura de prazo para méritos de un proceso convocado, se irán validando todos os méritos das persoas que os aporten en participen en eses procesos seguindo esa prioridade.

Incorpora toda a información do rexistro xeral de persoal, do Portax, da EGAP e de ACIS, e as persoas interesadas poderán revisar e completar, pero non se validará si o fan agora.

A formación de outros organismos que sexa puntuable nun proceso de estabilidade ou traslado que non sexa EGAP ou ACIS, se validará si se presenta e é baremable segundo a convocatoria si leva CSV ou QR que permita a verificación, e cando un curso se incorpora xa entra no catálogo do FIDES e se valora para todo o persoal que a continuación o presente. Coa experiencia ou calquera outro mérito sucederá igual, ten que ser certificación autentificada.

Haberá guías para persoal de departamento de persoal e para o persoal empregado público, e unha ferramenta como o FIDES Sergas polo que esperan os sexa útil e permita axilizar todos os procesos de estabilidade, traslados, listas de contratación, etc.

Ata o 18 de decembro non se completa o aplicativo en apartado de experiencia e titulacións, pero insistirvos por último en que o 7 de xaneiro comeza a validación pero seguindo a prioridade dos procesos convocados.

Aqui poderedes atopar unha presentación da ferramenta presentada onte:

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.