Sectores

OPE extraordinaria 2022 de estabilización


Publicado hoxe o Decreto de OPE de estabilización de emprego temporal, en desenvolvemento da Lei 20/2021de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Cuantificación da oferta: O número de prazas que integran esta oferta ascende a un total de 7.038.

Anexo I: SISTEMA SELECTIVO CONCURSO

  • Número de prazas das disposicións adicionais sexta, sétima e oitava da Lei 20/2021.
  • Prazas que, reunindo os requisitos establecidos no seu artigo 2.1, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016 e sempre que tales prazas continuasen a estar ocupadas na data de entrada en vigor desta lei.
  • Prazas da Administración xeral 4.158
  • Prazas das entidades instrumentais 1.574

Anexo II: SISTEMA SELECTIVO CONCURSO-OPOSICIÓN Total anexo I: 5.732.

  • Número de prazas artigo 2 da Lei 20/2021.
  • Prazas de natureza estrutural, dotadas orzamentariamente, ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente como mínimo, nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020 e sempre que tales prazas continuasen a estar ocupadas na data de entrada en vigor desta lei.
  • Prazas correspondentes á Administración xeral 483
  • Prazas das entidades instrumentais 265.
  • Total anexo II: 748 prazas

Anexo III: FUNCIONARIZACIÓN

  • Número de prazas que corresponden co proceso de funcionarización ao abeiro do artigo 4 polo sistema de concurso-oposición. Un total de 281 prazas.

Anexo IV: PROMOCIÓN INTERNA HORIZONTAL

  • Número de prazas que corresponden á promoción interna horizontal para o persoal laboral fixo, segundo o regulado no artigo 5, polo sistema de concurso-oposición.
  • Un total de 277 prazas.

Captura de pantalla 2022 05 30 095341

 

Consultar aqui os anexos (excel)

 

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.