Sectores

Oficinas de emprego sen orientadores laborais


 

UGT Servizos Públicos reitera a petición de información á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade ao respecto dos criterios empregados polas direccións das Oficinas de Emprego para a determinación e selección do persoal que  se encargará das funcións asignadas ata este momento ao persoal orientador que cesará nos seus contratos temporais no mes de novembro.

 

UGT insta á Consellería a creación de prazas estruturais de orientación laboral, independentemente da existencia ou non de programas específicos de financiación destes servizos, que permitan desenvolver dunha maneira coherente, profesional e estable un servizo esencial na atención personalizada e adaptada ás peculiaridades das persoas usuarias do servizo público de emprego galego.

 

O recentemente publicado RD 818/2021, determina de modo integral e sistematizado os programas comúns de activación para o emprego, establecendo os contidos esenciais que deben formar parte dos mesmos, regulando a materia para o conxunto do Sistema Nacional de Emprego. Unha das claves que pretende consolidar o real decreto é o reforzamento da orientación individualizada por medio de persoal orientador cualificado. Para facer efectivo, o anterior, é fundamental a configuración dun sistema de orientación profesional, tal e como propugna tamén o Texto refundido da Lei de Emprego.

Aos efectos anteriores o RD prevé a existencia dun maior volume de profesionais da orientación, promovendo medidas específicas para a súa formación permanente, a Consellería de Emprego fai oídos xordos a previsión da norma estatal.

As chamadas “políticas activas de emprego”, que como é sabido poden adoptar a forma de servizos ou de programas, en Galicia artéllanse, entre outras, a través da rede de Oficinas de Emprego, da que forman parte un total de 469 efectivos de todas as categorías profesionais, 382 funcionarios/as e 87 laborais, coa seguinte distribución provincial:

Captura de pantalla 2021 10 25 095209

 

O RD determina que para a realización do Programa de colaboración para as actividades de prospección empresarial e intermediación laboral, os servizos públicos de emprego competentes poderán desenvolver as accións de prospección empresarial e intermediación laboral mediante xestión directa cos seus medios propios, para o cal contarán co reforzo da rede de 3.000 persoas técnicas responsables da orientación e a prospección no ámbito do Sistema Nacional de Emprego, creada co Plan de Choque polo Emprego Xuvenil 2019-2021, así como con calquera outro reforzo que puidera establecerse no citado ámbito. Aínda, pese a telo solicitado, non sabemos cantos deses 3.000 efectivos están previstos para a nosa Comunidade Autónoma, descoñecemos tamén si se desenvolverá unha necesaria RPT que contemple a creación de prazas comprometidas na derradeira negociación.

Tendo en conta todo o anterior o pasado día 3 de outubro UGT remitiu un escrito a esa Secretaria Xeral Técnica solicitando información da previsión da planificación aos efectos da posta en marcha dos contidos regulado no RD 818/2021, por considerar imprescindible saber como se tiña pensado regular as accións encomendadas, en tanto que sendo coñecedores da Instrución da Dirección Xeral de Formación e Colocación nº 13/2021 de data 30/09/2021.

A indicada Instrución determina a través do protocolo de actuación para a realización de funcións de orientación laboral, que os efectos desta instrución terá a condición de persoal que realiza tarefas de orientación en oficinas de emprego, aquel persoal técnico do SPEG que se designe por parte da dirección da oficina de emprego para levar a cabo as funcións de orientación. Pode ser persoal que xa estivera realizando estas funcións como parte do desenvolvemento de tarefas do seu posto de traballo ou pode ser persoal que non realizara con anterioridade esas accións de orientación laboral.

O anterior, a criterio de UGT é gravísimo, e semella que existe un amplo descoñecemento do que significan as competencias a desenvolver polos efectivos que deberan ter ditas funcións asociadas aos seus postos de xeito estrutural.

A Lei de emprego público de Galicia incluíu, a petición de UGT, as escalas superior e técnica de orientación laboral, considerando entón que a Consellería debería promover a súa implementación nas diferentes Oficinas de Emprego, en tanto que as prazas denominadas Coordinación de Orientación, non están dotadas con efectivos pertencentes ás referidas escalas.

Engádese, en dita Instrución, por toda indicación de procedemento ás persoas que deban proceder á realización de tarefas de orientación, a referencia de uso duns manuais. A este respecto UGT considera se evidencia unha falta coñecemento absoluto dos contidos e tarefas propias que debe desenvolver o persoal que nutra as escalas de Orientación.

Orientar non é informar nin cubrir un formulario tipo, orientar consiste no acompañamento activo ás persoas obxecto das políticas activas de emprego, outra cousa é desvirtuar a profesionalidade de compañeiros e compañeiras que realizan as ditas funcións.

 

 

Informa_t_solicitude_orientacion_OOEE.doc.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.