Sectores

Na próxima Mesa Sectorial: modificacións no CADP, acreditación da competencia dixital docente, concurso de méritos de directores e equipos de orientación e outros


Previsiblemente o vindeiro mércores 22 de marzo reunirémonos en Mesa Sectorial para tratar os seguintes temas:

  • Orde pola que se modifica a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional
  • Orde pola que se regula o procedemento para a acreditación da competencia dixital docente no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras  dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde pola que se convoca concurso de traslados específico, entre o persoal funcionario docente de carreira da especialidade de orientación educativa dos corpos de catedráticos e de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos equipos de orientación específicos.
  • Proxecto de Acordo do Consello da Xunta de Galicia ….. polo que se establece un complemento específico compensador para o persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, que non se integra no corpo de profesores de ensino secundario, con efectividade do 1 de setembro de 2023.

 

Se estás interesad@ animámoste a revisar o borradores facilitados pola Consellería.

Ademais, dende a UGT Ensino escoitamos as túas posibles aportacións e suxestións para presentalas nesta reunión.

Fainos chegar as túas aportacións a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.galicia@ugt-sp.ugt.org

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.