Sectores

Mesa Xeral Extraordinaria: RPT Funcionarización


MESA XERAL EXTRAORDINARIA: RPT FUNCIONARIZACIÓN

VALORACIÓN XERAL DA RPT DE FUNCIONARIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ESPECIAL

A primeira cuestión a ter claro nesta proposta de RPT é que non é unha modificación de RPT o uso, é a aprobación dunha RPT de equivalencias como consecuencia do proceso de funcionarización de escalas de administración especial.

É evidente que haberá quen pretenda converter esta RPT en algo máis que unha simple homologación retributiva dos conceptos salariais, que é o que reflicte como proposta da Xunta, o anexo obxecto de negociación. Como hai quen insiste en que o proceso de funcionarización é moi negativo é, si tan malo resulta, non se entende que os liberados/as e delegados/as das organizacións “negacionistas” sexan participes dos procesos, quizá sexa procedente aquelo de “fai o que eu digo e non fagas o que eu fago”…

Trátase da segunda RPT derivado de procesos de funcionarización, a primeira foi a da administración xeral, regulados na Sección terceira do Acordo de concertación do emprego público en Galicia, asinado por UGT, que ademais da voluntariedade de optar do persoal a dita funcionarización, a mesma GARANTEN AS RETRIBUCIÓNS BRUTAS QUE ESTABA A PERCIBIR COMO LABORAL FIXO SE ESTAS FOREN SUPERIORES ÁS QUE LLES CORRESPONDAN COMO FUNCIONARIO MENTRES PERMANEZA NESE DESTINO.

O que si é certo e polo tanto innegable e incontestable que o punto de partida non respectaba o principio de IGUAL TRABALLO IGUAL SALARIO é que era unha histórica reivindicación de UGT. Foron innumerables as modificacións de RPTs, nas que ano tras ano UGT viña reivindicando a igualdade de pluses por categorías en centros de traballo de iguais ou similares características funcionais. Tamén é certo que como consecuencia da negativa, sostida no tempo, por parte da Administración, a arbitrariedade na súa asignación, produciu agravios importantes en determinadas categorías incluso no mesmo centro e coas mesmas funcións e características do postos de traballo, o que viña a significar que moitas persoas realizando exactamente o mesmo traballo tiñan diferenzas salariais moi importantes.

Agora esta RPT ademais de establecer as equivalencias con garantías retributivas dende o posto de laboral ao novo posto de persoal funcionario, na configuración de niveis de complemento de destino e específico, reequilibra e homologa as retribucións por categoría e condicións da prestación de traballo segundo a tipoloxía de centro. Por certo, IGUALDADE Á ALZA, ademais das garantías retributivas e que o complemento de funcionarización é a excepción, avánzase na eliminación da arbitrariedade dos pluses, de tal xeito que a funcionarización do Acordo de concertación supón un avance substancial na corrección da discriminación salarial de orixe no posto de laboral.

Observase que do montante económico de 432.612,88€ desta RPT, 340.062,86€ o son de INCREMENTO efectivo de salarios, en 1.598 postos (89,37%), distribuídos nas distintas categorías e postos.

Así, de 1.789 postos de traballo que contén a presente RPT, sinalamos que 1.599 postos pasan a ver incrementadas as súas retribucións.

Dito isto, hai que engadir que existe un bloque de postos, 178 postos (11,13%) que levan aparellado un complemento de funcionarización, o que demos en coñecer como “a mochila”, que non significa perda senón que se mantén o actual salario que se está a percibir como laboral) e que se concentran basicamente nos subgrupos A1 e A2, en diferentes categorías. POLO TANTO EN NINGÚN CASO EXISTE PERDA SALARIAL, digan o que digan os trompetas do apocalipse.

É de sinalar que esas diferenzas, que agora vemos plasmadas por primeira vez no seu conxunto, en moitos dos casos derivan de pluses “ad hoc” a determinados postos, situación que xerou un descontrol absoluto en determinadas categorías fora de táboa salarial “normal” asignándolles o coñecido “plus de convenio” que era completamente arbitrario e subxectivo.

Pero, en calquera caso, UGT entende que se debe comprometer a procura dunha solución. Identificado e cuantificado o problema, o compromiso debe ser unha Análise de Postos de Traballo (APT), que deba concluír sobre as competencias, funcións e tarefas das distintas categorías, e á par adecúe a situación asignando os niveis de destino e específicos de xeito coherente e acordes coas súas responsabilidades e funcións.

Solicitamos, polo tanto, á Función Pública que inste ás Consellerías ao seu análise, e por concretar, entre outras serían as categorías de Médico/a., Psicólogo/a, Pedagogo/a, Educador/a, Traballo Social, sirva de exemplo, non pechado.

UGT instamos tamén a Función pública para que se recolla o compromiso de convertir os 113 postos de xornada parcial e xornada completa coa súa progresiva funcionarización, en que se respecten as condicións e rexime de traballo en tanto no se negocie un novo rexime, tal e como se garantizou no sección terceira, punto décimo primeiro do Acordo de concertación, así como o desempeño de postos de superior categoría.

Finalmente, UGT queremos manifestar que é preciso, que se revisen certos criterios da proposta de equivalencias na RPT de funcionarización en algunhas categorías, ás que podes acceder premendo no seguinte enlace:

ALEGACIÓNS Á RPT DE FUNCIONARIZACIÓN DE ESCALAS ESPECIAIS DAS CONSELLERÍAS DE POLÍTICA SOCIAL, CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE, EMPREGO E IGUALDADE, MAR, MEDIO RURAL, PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA, PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO, SANIDADE POLÍTICA SOCIAL, CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE, EMPREGO E IGUALDADE, MAR, MEDIO RURAL, PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA, PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO, SANIDADE

 

 

 

                                                                                         Descargar este «UGT Informa-T»

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.