INFORMACIÓN DADA POR FUNCIÓN PÚBLICA DE VARIOS ASUNTOS NA MESA XERAL EXTRAORDNARIA DO 23/10/2021:
SENTENCIA DE CIG SOBRE A CARREIRA:
- Non é correcta a información transmitida pola CIG. As consecuencias xurídicas da sentenza se están estudando e o que explica di que é froito dun primeiro análise:
- Non recoñece ningún dereito nin reclamación para cobro extraordinario dende o 1 de xaneiro do 19, nin a funcionarios interinos nin a laborais temporais.
- Non é certo que recoñeza ningún dereito ao persoal laboral temporal.
- Non é certo que recoñeza ningún deito de cobro a partir de xaneiro de 2019.
- Si é certo que anula a parte do Acordo referida á Carreira e polo tanto deixa sen cobertura legal o pago da carreira do tramo extraordinario que se está pagando neste momentos, no momento en que sexa firme.
- Van a ver que solución xurídica se lle pode dar, presentarán recurso e como xa comunicaron na Comisión de seguimento do Acordo, intentarán chegar a un acordo para que non se teña que deixar de pagar a aqueles están cobrando a consecuencia da execución da sentencia cando esta adquirise firmeza e se executase a petición da parte recorrente (CIG).
EXAMES DE OPOSICIÓNS PENDENTES
Segundo como se desenvolva a situación sanitaria e pendentes das autorizacións de Saúde Pública:
- As convocatorias de funcionarización publicaranse a principios de setembro (as que foron hoxe á Mesa publicaranse no mes de agosto) e os exames das anteriores serán a finais de setembro (fin de semana do 25-26).
- Non haberá ningún exame antes dese fin de semana, nin de funcionarización nin daquelas que teñen que realizar segundos exames.
CONCURSO DE TRASLADOS:
- Convocará para o luns ou martes as OOSS para analizar a solución que se lle da a aquelas persoas que participaron no Concurso e na Promoción Interna, para poder publicar instrución na web de Función Pública, antes do fin de prazo da renuncia á participación no concurso.
- Baremación provisional:
Unha serie de persoas que non presentaron a documentación correctamente e que están baremados con cero puntos. Entende que puido ser erro das persoas ao non presentar o certificado tal e como establecen as bases. En todo caso expón que se analizarán as reclamacións presentadas e se dará resposta de conformidade a dereito.
CONVALIDACIÓN DO RDL DE TEMPORALIDADE:
- Aprobouse, no Congreso dos Deputados, o mesmo texto que estaba publicado, sen ningunha das modificacións que se anunciaron en prensa. O texto recolle:
-
- A finalización dos contratos aos 3 anos do persoal interino
- Un novo proceso de estabilización do persoal que leve máis de 3 anos dende o 31 de decembro de 2020 ao 1/01/2018.
- A indemnización en determinados casos, porque o texto non é moi claro, si a recolle para todos aqueles que se nomeen a partir da entrada en vigor do RDL e que pasen de 3 anos e para todos aqueles que participen no proceso de estabilización que establece a norma.
- Pero polo de agora:
- Non hai acceso por concurso a partir dos 10 anos, que haberá que ver no seu caso como se articulará.
- Nin tampouco está regulado que os exames non sexan eliminatorios no proceso de concurso-oposición, aclarando que baixo o seu criterio, que o tema de que sexan ou non sexan eliminatorios, si a puntuación é dun 0 ou dun 1, dificilmente podería compensar unha fase de concurso con unha puntuación elevada.
- Intención da Xunta de Galicia:
- Seguir cos procesos que están convocados
- Seguir traballando na convocatoria dos novos procesos,
- Nestes momentos no ámbito da DXFP están executándose máis de 2.000 prazas, de libre concorrencia, a maiores a PI e quedan aproximadamente unhas 4.000.
- Van a analizar os resultados das probas xa realizadas aos efectos de cómputo de persoas que puidesen estar afectados pola nova regulación da estabilización, por si hai que corrixir ou modular algún tema para os procesos seguintes a convocar.
- O Director cree que o sistema que se desenvolveu e se está aplicando en Galicia é o mesmo que estableceu para o Estado co RDL. Expón que no estudo que presentou, por parte do Ministerio, sobre os procesos selectivos a desenvolver regúlase a simplificación dos procesos, abrevialos, darlle maior importancia aos exames tipo test eliminado número de exames e establecer o 40% na valoración do concurso, polo tanto todo isto se está facendo nesta Comunidade Autónoma desde o ano 2018, e polo considera que está ben pero que non se inclúe ningunha novidade importante.