O vindeiro 29 de xullo estamos convocados a Mesa Xeral de Empregados Públicos onde imos tratar os seguintes asuntos:
Modificación da relación de postos de traballo de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación nos seguintes corpos:
Corpo administrativo de Administración xeral (C1)
Corpo de técnicos facultativos de administración especial (grupo B)
Corpo de axudantes de carácter facultativo da administración especial (C1)
Corpo auxiliar da Administración Xeral (C2)
Corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial (C2)
Aqui poderes atopar a documentación técnica que nos foi proporcionada:
2.-Modificación da relación de postos de traballo de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia no corpo superior da Administración Xeral, escala de sistemas e tecnoloxías da información; e no corpo facultativo superior de Administración especial; escala de sistemas de información xeográfica; escala de enxeñeiros (especialidade de enxeñaría de montes); escala de ciencias (especialidades de química, bioloxía); escala de veterinarios; escala de facultativos (especialidades de medicina, psicoloxía, pedagoxía, bibliotecas) subgrupo A1; no corpo de xestión da Administración Xeral, escala de xestión de sistemas de informática e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial; escala de enxeñeiros técnicos (especialidades de enxeñaría técnica forestal, agrícola, industrial); escala de arquitectos técnicos; escala de técnicos facultativos (especialidades de educador social, logopedia, traballo social, terapia ocupacional); subgrupo A2 e na Agrupación profesional do persoal funcionario subgrupo AP; da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aqui poderes atopar a documentación técnica que nos foi proporcionada: