Sectores

Mesa Sectorial Persoal Funcionario (13.01.2024)

BASES DE PROCESOS SELECTIVOS: Persoal veterinario, biólogo, finanzas (A1/A2), médico, enfermería, educador social, educador infantil, PSX, xerocultor, auxiliar de laboratorio, AP discapacidade intelectual, e modificación da resolución de convocatoria de inspección turística A2.

Con carácter xeral:

  • Na intervención inicial manteñen que a escala de persoal veterinario será ofertada polos dous sistemas: 38 prazas por concurso-oposición, correspondentes á OPE do ano 2021 e mediante o sistema de oposición libre as 55 das OPEs dos anos 2022 e 2023. Logo da intervención das OOSS informan que haberá cambio e que non se realizarán de xeito simultáneo as dúas probas, sen indicar máis cambios ao respecto do 2º exame, tamén solicitado por UGT.
  • Sobre a especialidade de bioloxía, informa de que si ben hai máis das 14 prazas ofertadas, por prudencia e dada a recente publicación do decreto de persoal investigador, no cal hai prazas desta escala, non son partidarios de convocar máis neste momento.
  • Prazo de realización dos primeiros exames: incluirase nas bases a fórmula de que non se celebrarán ata os 9 meses da convocatoria, salvo nas escalas de finanzas, A1 e A2, nas que o prazo será de 3 meses. Isto último o fundamentan na necesidade de cobertura de prazas e que se levan realizando con certa periodicidade regular tanto o A1 como o A2.
  • Están valorando a posibilidade de incluír a promoción interna vertical cruzada, de laboral a funcionario.

UGT entende que co remate da aplicación dos procesos derivados da Lei 20/2021, con 5.029 prazas convocadas polo sistema de concurso e 618 polo sistema de concurso-oposición, xerase un contexto no acceso ao emprego público que necesariamente nun futuro próximo marcará os sistemas de acceso á administración, pero que neste momento é preciso aplicar un período transitorio mantendo o sistema de concurso-oposición, ata o remate dos ditos procesos.

Por outra banda UGT pregunta pola negociación habilitada polo artigo 217 do RDLei 5/2023, dunha OPE que complemente a estabilidade, dada a recente publicación do RD 1227/23 que así o permite na AGE, e polo tanto a posibilidade de implementala na nosa Administración ou si ben se vai a arbitrar a potestade da disposición adicional cuarta do Decreto 79/2022 de estabilización, ampliando ata un 10% a maiores das prazas convocadas polos procesos da Lei 20/2021.

O anterior ten moito que ver coas escalas e especialidades que se tratan na Mesa Sectorial, en tanto que entendemos que moi posiblemente as prazas ofertadas na estabilización sexan insuficientes e lo polo tanto, en ningún caso podemos estar de acordo en que sexan ofertadas mediante o sistema de oposición libre.

En canto ao prazo de realización do primeiro exercicio, na mesa previa solicitabamos un abano entre os 6 e os 9 meses, co que entendemos que sen ser suficiente para preparar algún subgrupo, tamén é certo que debe primar a execución das OPEs nun período razoable e máis curto, non pode ser que os procesos selectivos se alarguen no tempo.

Sobre as bases:

Persoal veterinario: en mesa previa valoramos positivamente o cambio realizado sobre o primeiro borrador pasando de oposición libre a concurso-oposición, pero rexeitamos que a totalidade das 93 prazas non sexan ofertadas polo sistema de concurso-oposición. Separar ambas convocatorias e facelas coincidentes no tempo leva a unha sorte de “azar”, cuestión que xera incerteza nas persoas opositoras.

Propomos a posibilidade de rebaixar, da proposta que realiza a administración, a porcentaxe asignada ao concurso co fin de que se abra maior posibilidade ao persoal de novo acceso.

Reclamamos a inclusión na fase de méritos de puntuación por probas superadas.

Solicitamos o cambio do segundo exercicio de desenvolvemento de tema por suposto práctico de resposta curta, cuestión que se solicita tamén para o resto de procesos que teñen desenvolvemento de tema.

Hai que atender ás circunstancias que arrastra a escala, dende procesos xudicializados con desnomeamentos a períodos de máis de 12 anos sen convocatorias que xeraron un embude que supera o número de 100 persoas interinas, polo tanto a solución debe pasar por cambio progresivo de sistema de acceso, modificando a porcentaxe nos méritos e non impoñendo un cambio radical.

Bioloxía, educación infantil, PSX, Xeros, Auxiliar de laboratorio, Educación Social: en atención ás listaxes publicadas de autobaremo da Lei 20, consideramos que moi posiblemente as prazas ofertadas son insuficientes, solicitase o concurso-oposición.

Con carácter xeral solicitamos que os temarios teñan referencias bibliográficas, por seguridade na preparación dos mesmos.

Escala de finanzas A1 e A2: non compartimos a filosofía das bases, xa en ocasións previas citábanse como caso ao marxe do resto de procesos. Non compartimos a exposición oral, do 2º exercicio en promoción interna e 4º en libre, non entendemos a súa necesidade. As notas de corte non seguen a regra das demais convocatorias.

Información facilitada pola Dirección Xeral:

  • Na semana do 22 de xaneiro (posiblemente o 24) abrirase o procedemento de acreditación de méritos do concurso da Lei 20 para os subgrupos A1 e A2 (con 10 días de prazo).
  • Nesa mesma semana ou na seguinte publicaranse distintas resolucións das seguintes escalas:
    • Arquitectura A1 (libre e estabilización)
    • Enxeñería industrial (libre e estabilización).
    • Arquitectura técnica (libre e estabilización).
    • Enxeñería técnica industrial (libre e estabilización)
    • Informática (estabilización).
    • Especialidade de bibliotecas (promoción interna).
  • Da Lei 20/2021, tamén na mesma semana está prevista a publicación da apertura de fase de méritos de 19 procesos (AP de limpeza e cociña, PSX, Educación infantil…)
  • CONCURSOS DE TRASLADOS:
    • Están traballando en modificacións de RPTs para poder publicar gran parte das escalas da Administración especial.
    • O próximo mes teñen previsto negociar as bases do concurso de Administración xeral.
    • Este mes publicarase o de Gardacostas.
  • OPOSICIÓNS:
    • Excedencias en persoal BBFF (Emisorista/vixilante/ BBFF condutor / BBFF): informa que ata o día anterior á Mesa, leva asinadas 16 por interese particular e 26 por prestación no sector público.
  • LISTAS DE CONTRATACIÓN:
    • Está prevista a principios de semana a publicación das seguintes listaxes definitivas: medicina, enfermería e auxiliar de enfermería, co fin de poder proceder á cobertura das 129 prazas creadas na última modificación da RPT da Consellería de Política Social e Xuventude. O resto a intención é publicar todas no mes de xaneiro.
  • Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar:
    • Seguen pendentes de informe dalgunha das persoa laboral fixa para a integración e a RPT seguen traballando nela.
  • Buzóns de postos de enxeñería agrónoma e técnica agrícola:
    • Teñen previsto remitila ás OOSS a semana que ven.
UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.