Sectores

Mesa Sectorial de Funcionarios/as Públicos Ordinaria e Mesa Xeral Empregados/as Públicos Extraordinaria


Hoxe tivo lugar, de xeito telemático, unha Comisión de Persoal, despois da Mesa Sectorial Ordinaria de Funcionarios Públicos e unha Mesa Xeral Extraordinaria de EEPP, celebradas o pasado martes, co obxecto de proceder á votación das propostas de modificacións nas seguintes RPTs: Consellería de Presidencia, ATURGA (Axencia de Turismo de Galicia), Consellería do Medio Rural, FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria), Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e Consellería de Economía, Industria e Innovación. Ademais, dunha proposta de acordo da Consellería do Medio Rural de condicións de traballo de determinadas prazas adscritas ás súas Xefaturas Territoriais, así como, dunha proposta de acordo de condicións especiais de traballo dos inspectores de Turismo da Axencia Turismo de Galicia.

O DXFP indicou, no momento de inicio desta reunión, que o punto 4 (Acordo complemento específico persoal instrutor turismo) e o punto 5 (Modificación da RPT da ATURGA) retirábanse da Orde do día, para ser tratados en reunións posteriores, que se celebrarán o martes 2 e o mércores 3 de agosto, para as que ao longo do día de hoxe achegarase nova documentación. A modo de resumo a información trasladada en cada punto é a seguinte:

MODIFICACIÓN RPT DA PRESIDENCIA

  • Creación de 6 postos: [1 posto na Secretaría Xeral (C1, nivel 20), 3 postos na Dirección Xeral do Gabinete Técnico da Presidencia (A1-A2-C1, A1-A2 e A1, niveis 25, 28 e 30, respectivamente) e 2 postos na Subdirección Xeral de Emigración (A1-A2 e A1, niveis 28 e 30, respectivamente)]. Dando resposta ás modificacións provocadas polos Decretos 109/2021 e 108/2022 de estrutura orgánica, e todos eles co sistema de provisión por LD, de acordo ao establecido no artigo 92.2 da LEPGA, ou por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia (Resolución da DXFP, do 25 de febreiro de 2016).

  • Amortización de 10 postos [vacantes puras]: 4 postos na Secretaría Xeral da Presidencia (C1-C2, nivel 14; dous C2, niveis 12; e un de AP, nivel 10), 6 postos na Secretaría Xeral de Medios (todos eles C2, nivel 12).

UGT valora negativamente a amortización de postos como xustificación para a creación doutros, aínda que sexan postos vacantes e sen ocupar. Solicitamos especificamente información ao respecto dos postos a amortizar, xa que detectamos unha incoherencia na memoria económica ao respecto da memoria funcional. Corrixida a nosa alegación por parte da Vicesec. xeral da Presidencia coa aportación de nova documentación, na que ademais observamos que se retiran da amortización os tres postos da Axencia de Turismo de Galicia, que inicialmente eran propostos para dispoñer de crédito a transferir á Secretaría Xeral de Presidencia, para poder dar cobertura ás creacións de prazas comentadas.

Tampouco consideramos axeitado o uso indiscriminado da provisión por LD, e aínda que non o compartimos podemos entender o seu uso de acordo á normativa vixente para determinados postos, sendo máis discutible o seu uso para postos de xefaturas de sección. Por outra banda, entendemos ás adaptacións propostas como resultado dos decretos de estrutura vixentes.

Despois de todo o que, UGT abstívose na votación da modificación da RPT da Presidencia, na que CCOO e CIG votaron en contra, e CSIF votou  a favor.

(Adaptación a nova estrutura derivada do Decreto 73/2022)

MODIFCACIÓN RPT VICPR.1ª – CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

  • Creación de catro postos: (Subdirección Xeral e duas Xefaturas de Servizo, ademáis de un posto de secretario/a do Secretario Xeral).

Esta proposta de RPT non conleva amortización de postos e fundamentalmente reflicte a nova organización da Consellería, previamente aprobada polos seus respectivos decretos de estrutura. Poderíamos cuestionar a argumentación técnica da apertura dalgún dos postos creados á administración local (Xefatura de Servizo de implantación de proxectos), pero en todo caso non é motivo suficiente para cuestionar integramente a proposta que se nos fai chegar.

Despois de todo o que, UGT votou favorablemente na votación da modificación da RPT do VP 1ª e Consellería de Economía, Industria e Innovación, na que CCOO abstívose, a CIG votou en contra e CSIF votou a favor.

ACORDO DE CONSICIÓNS DE TRABALLO E MODIFICACIÓN RPT C. MEDIO RURAL

(Creación dunha unidade de investigación dos incendios forestais – UIFO, mellora organizativa e de dotación de persoal para apoiar ás Oficinas Agrarias Comarcais, adaptación a novo decreto de estrutura orgánica, creación da Unidade de Inspección da Cadea Alimentaria e presentación dunha proposta de acordo de condicións de traballo).

En total créanse 65 postos de traballo:

  • Creación de 15 postos na UIFO: [12 postos de Axente (nivel 20), 2 postos de Axente Coordinador (nivel 22) e 1 posto de Axente Coordinador Autonómico (nivel 25), co sistema de provisión por concurso, concurso específico e LD, respectivamente].

  • Creación de 16 postos nas OACs: [4 postos de Xefe/a de Área de Coordinación Territorial (A1-A2, nivel 26), 4 postos de Veterinario/a (A1, nivel 25), 4 postos de Xefa/a de Sección (A1-A2, nivel 25), e 4 postos de Unidade de Apoio Territorial (C1-C2, nivel 18)]. Todos eles co sistema de provisión por concurso.

  • Creación de 4 postos: [1 posto de Asesor/a Xurídico/a (A1, nivel 30, LD), 3 postos de Xefatura de Servizo (A1-A2, nivel 28, dous de CE e un LD)].

  • Creación de 6 postos da UICA: [5 postos de Xefatura de Sección (A1-A2-C1, nivel 25), 1 posto de Xefatura de Negociado (A2-C1-C2, nivel 18)].

  • Creación de 21 postos: [de niveis 18 ao 25]. 5 postos de Xefatura de Sección (A1-A2-C1, nivel 25), 1 posto de Xefatura de Negociado (A2-C1-C2, nivel 18)].

  • Creación de 3 postos: [1 posto de Xefatura de Sección (A1-A2-C1, nivel 25), 2 postos base do subgrupo C2 (nivel 18)].

  • Amortización de 83 postos [vacantes puras, a excepción de dous postos]. Un posto ocupado por persoal interino (2020) e un posto ocupado en comisión de servizo.

UGT valora negativamente a amortización de postos como xustificación para a creación doutros, aínda que sexan postos vacantes e sen ocupar. Non obstante, valoramos positivamente o feito das modificacións realizadas polas alegacións presentadas para que na medida do posible amortizáranse postos sen ocupación.

UGT valora positivamente a creación da UIFO, aínda que considera insuficiente o número de efectivos destinados a esta unidade. Crendo ademais, que debería financiarse con cargo aos orzamentos xerais da

Xunta de Galicia, como si ocorre coa creación da Unidade de Inspección da Cadea Alimentaria.

UGT valora positivamente a proposta de dotación de persoal de apoio nas OACs, en combinación coa posta en marcha da Oficina Agraria Móbil, como un proxecto experimental de achegamento dos servizos públicos ao cidadán alonxado das localidades nas que exista unha oficina agraria. Unha vez máis, entendemos que o número de efectivos e unidades móbiles debería ser maior.

Esta OOSS oponse ao cese da traballadora interina do posto de Xefatura de Sección II, ocupado dende o 27/09/2019, polo cambio proposto deste posto á escala xeral, dende a escala especial de enxeñeiros técnicos forestais e enxeñeiros de montes.

Finalmente, valoramos positivamente a proposta de acordo de condicións de traballo para o persoal de determinadas prazas adscritas ás Xefaturas Territoriais, na que foron tidas en conta moitas das nosas alegacións (desprazamento voluntario e autorizado en vehículos particulares; xustificación acreditada da necesidades de prestación de servizos en tardes e fins de semanas; xornadas laborais iguais aos demais postos con compensacións de tempo libre por tempo de traballo realizado fora da xornada de traballo habitual; desfrute do mesmo nos tres meses naturais posteriores á xeración do dereito; xornadas de seis horas en festivos e fins de semana; e marco temporal de menos de dous anos para a análise, interpretación e control, así como, para a determinación dos complementos retributivos axeitados ás peculiaridades destes postos).

Despois de todo o que, UGT votou a favor da modificación da RPT da Consellería do Medio Rural e do acordo de condicións de traballo, mentres que CCOO votou a favor en ámbolos dous puntos, CSIF votou a favor do acordo e en contra da modificación da RPT, e a CIG votou en contra nos dous puntos.

FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria)

(Adaptación decretos de estrutura, suplir carencias de persoal recollidas nos informes da Intervención Xeral, regularización persoal por sentenzas xudiciais, adaptación dos RRHH ás súa necesidades e ao capítulo I dos seus orzamentos).

  • Creación de 16 postos: Inicialmente eran 17 pero suprimiuse un por non contar con crédito dabondo para a súa financiación. [5 postos de Xefatura de Área (A1-A2, nivel 26), 4 postos de Xefatura de Sección (A1-A2, nivel 25. Un deles aberto tamén a C1), 2 postos de Coordinador/a (C1-C2, nivel 20), e 5 postos ocupados por “persoal laboral indefinido non fixo” (4 de subgrupo A2, nivel 16 e 1 de subgrupo C2, nivel 12).

  • Amortización de 39 postos: 35 de persoal funcionario e 4 de persoal laboral, dos que 7 son postos non vacantes que contan coa conformidade das persoas titulares.

  • Amortización de 5 postos na CMR: [vacantes]: 4 postos de persoal funcionario e 1 de persoal laboral que se amortizan na RPT da Consellería do Medio Rural para traspasar o crédito resultante ao FOGGA.

  • Adaptación dos postos abertos ás escalas EME4/ESE2 ou ESV (enxeñeiros/as técnicos/as forestais, enxeñeiros/as superiores agrónomos/as, veterinarios/as). Adecuación da maior parte dos postos técnicos ás titulacións máis axeitadas aos traballos e funcións a desenvolver (enxeñería agrónoma/enxeñería técnica agrícola). Deixando só a apertura a veterinarios/as no Servizo de Axudas Gandeiras.

En primeiro lugar, dende UGT non entendemos que a documentación achegada xustifique a modificación da RPT para dar resposta á redución orzamentaria no capítulo I da entidade, que tivo lugar entre os anos 2013 e 2016, cando estamos no ano 2022. Ademais, non parece axeitado proceder á amortización de prazas, que segundo os datos aportados supoñen pasar dos 139 postos no ano 2012 aos 115-116 (xa que estes 23 postos carecen de dotación e non foron amortizados con anterioridade), cando se indica que nos informes anuais emitidos pola Intervención Xeral de Facenda ponse de manifesto a carencia de persoal e a necesidade de acometer un estudo para a súa mellora. 

UGT valora negativamente a amortización de postos como xustificación para a creación doutros. O saldo é claramente negativo con 16 creacións e 44 amortizacións. Ademais, como indicamos con anterioridade, paralelamente indícase as necesidades perentorias de reforzos e reorganización de persoal para dar cumprimento ás esixencias comunitarias derivadas da súa condición de organismo pagador dos fondos agrarios europeos.

Dende OOSS non compartimos a proposta de adaptar determinadas prazas, abertas a EME4-ESE2-EVE, deixándoas única e exclusivamente para enxeñería agrónoma/enxeñería técnica agrícola. Valoramos negativamente o feito de que a proposta de modificación desta RPT deixa restrinxido o acceso do persoal veterinario a simplemente 4 prazas.

Finalmente, entendemos as adaptacións dos subgrupos existentes na entidade aos regulados na normativa de Función Pública (A1, A2, C1, C2), así como, o feito da utilización do concurso como sistema xeral de provisión, aínda que a LD é o sistema de provisión utilizado en oito das prazas (despois da retirada do mesmo de dúas das propostas segundo o indicado no informe da DXFP).

Despois de todo o que, UGT abstívose na votación da modificación da RPT do FOGGA, na que CCOO e CIG votaron en contra, e CSIF a favor.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

(Adaptación decretos de estrutura. Dotar de novas funcións de asesoramento técnico e xurídico da Xunta Consultiva en materia de ordenación do territorio e urbanismo).

  • Creación de cinco postos: (Subdirección Xeral, Xefatura de Servizo e Xefatura de Área Técnica e Xefatura de Negociado destinados á Xunta Consultiva e un posto de secretario/a do/a Conselleiro/a).

  • Amortización de oito postos: Refírese que todos os postos están vacantes e desocupados, salvo un deles, ocupado por un funcionario en adscrición provisional.

UGT valora negativamente a amortización de postos como xustificación para a creación doutros, aínda que sexan postos vacantes e sen ocupar. No caso que nos ocupa, ademais, créanse postos de niveis superior en detrimento de postos base, con ausencia de argumentos que puideran reforzar a pertinencia desta medida. Consideramos o argumento único de adaptación ao novo decreto de estrutura moi endeble, sobre todo cando para crear prazas se “destrúen” outras.

Despois de todo o que, UGT abstívose na votación da modificación da RPT da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na que CCOO abstívose e CIG e CSIF votaron en contra.

No apartado de rogos e preguntas, o Director Xeral da Función Pública indicou o seguinte:

  • Estase traballando en varias RPTs, para solucionar, entre outros, o problema do persoal das Illas Atlánticas, e a extensión do acordo de condicións dos Axentes Medioambientais. Agarda que no mes de setembro poda negociarse coas OOSS.

  • A semana que ven, previsiblemente martes e mércores, celebraranse Mesa Xeral e CP, respectivamente. Remitirán nova documentación sobre os puntos retirados da CP de hoxe e outros temas (Acordo complemento específico persoal Inspector Turismo, Buzón de postos oferta extraordinaria de emprego público 2022 e outras cuestións a levar a CP).

  • Como xa se indicou nas reunións celebradas nesta semana, ao longo do mes de setembro sairán todas as baremacións provisionais pendentes.

  • As tomas de posesión dos procesos pendentes, de todas as OPES, levaranse a cabo dende setembro ata decembro deste ano.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.