Sectores

Listas de contratación: Disposición transitoria 2ª do D. 37/2006


A Dirección Xeral da Función Pública remitiu para alegacións o borrador de Orde que desenvolve a disposición transitoria segunda do Decreto 37/2006,,, que regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral.

A previsión da Orde é a inclusión en listas únicas das persoas admitidas nas listas das categorías profesionais de persoal laboral funcionarizadas.

Exceptúanse da regulación, sinalada pola Orde, as listas da cobertura temporal do SPIF

Regula entre outras cuestións: 

  • Listas de vinculación temporal de nova creación naqueles supostos nos que non existan listas de natureza funcionarial para dar cobertura aos postos das categorías laborais que se funcionarizan.
  • Listas de vinculación temporal en xestión: Non será necesaria a creación de novas listas de vinculación temporal, no caso de que existan, en xestión, listas de natureza funcionarial equivalentes ás listas das categorías profesionais laborais funcionarizadas.

As persoas integrantes das listas de contratación temporal de persoal laboral de categorías profesionais funcionarizadas interesadas en incluírse en listas en xestión de persoal funcionario dun corpo, escala ou especialidade declarados equivalentes, deberán presentar solicitude para a súa inclusión nelas. Nestas solicitudes de inclusión unicamente poderán modificarse os ámbitos territoriais e os datos persoais.

Descargar o documento o proxecto da Orde que desenvolve a disposición transistoria segunda do Decreto 37/2006 

Podes remitir as túas achegas ao correo electrónico:

sindicato-uxt@xunta.gal

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.