ÁREAS

Informe: A brecha salarial en tempos de COVID


 

O informe sobre brecha salarial nas Administracións Públicas preséntase nun tempo complexo e preocupante atravesado pola crise da COVID-19 no que todos os niveis da Administración Pública se viron obrigados a por en marcha unha serie de medidas e actuacións para contrarrestar os graves problemas sanitarios, económicos e socio laborais.

 

Nestes tempos tan complexos, as empregadas e empregados dos Servizos Públicos tiveron que redobrar os seus esforzos, para ofrecer servizos esenciais para a sociedade, como son a sanidade, a dependencia, os servizos sociais, a seguridade, a educación, o transporte, a limpeza e a higienización, a defensa, o mantemento urbano, o sector agroalimentario e de primeira necesidade, as comunicacións e a subministración enerxética e de auga. O esforzo por garantir a xestión de axudas ante os expedientes de regulación de emprego, os subsidios ou o salario mínimo foi titánico.

Demostrando que as Administracións Públicas son esenciais na protección da cidadanía ante adversidades e situacións de risco como a que estamos a vivir coa pandemia, así como a redución das desigualdades, na loita contra a pobreza, a atención sanitaria…en definitiva para asegurar a protección e o benestar de todas as cidadás e cidadáns.

A crise da Covid-19, tamén puxo de manifesto a situación de empregadas e empregados públicos ante as situacións de emerxencia, como poderemos comprobar a continuación, na análise da brecha salarial de xénero e expuxo novos retos que debemos afrontar como é a dixitalización das administracións, a consecución da igualdade de xénero, o investimento no sistema sanitario e de dependencia. En definitiva, a necesidade de reforzar os servizos públicos universais e gratuítos para mellorar a calidade de vida da cidadanía e conseguir unha sociedade máis democrática, máis igualitaria e máis libre, baseada na xustiza distributiva.

Dende estas liñas queremos agradecer a todas e todos os empregados públicos o esforzo realizado nestes tempos difíciles. O seu traballo que é esencial para o conxunto da sociedade, deixouse sentir en todas as rúas e fogares deste país.

 

Por último, sinalar que o informe realizouse cos últimos datos obtidos do Boletín do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas de xullo de 2020, así como os datos do INE e informes realizados en diversos estudos que iremos citando. Por tanto, reflicten a realidade da brecha salarial entre mulleres e homes, unha vez iniciada a pandemia, pero proximamente será necesario realizar unha análise máis exhaustiva sobre a situación das empregadas e empregados públicos nestes tempos tan convulsos.

 

Accede aquí ó Informe.

 

Infografía sobre a brecha salarial

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.