UGT e as demais organizacións sindicais demos por rematado o proceso de negociación do Convenio e do Acordo Regulador no Concello de Cuntis (Pontevedra).
Cremos que é un novo texto que mellora o anterior e que consolida todos os avances que xa foramos quen de conseguir incluir en textos anteriores.
O texto será remitido agora á Administración para proceder á súa validación definitiva.