🤥 Ante as mensaxes alarmistas e falsas e ante asinterpretacións interesadas dos últimos tempos sobre as medidas levadas á Mesa Sectorial Docente e os Acordos acadados, iniciamos unha serie de publicacións para darluz e veracidade aos fakes interesados co obxectivo de desmontar aos fakes interesados ditos nos centros e nas redes, desmentindo falsas infografías feitas con IA …
💡 obxetividade e documentación veraz contra mentiras e difamacións
✅Porque @s docentes merecemos acordos e información rigorosa, …
… non ruído e falsedades! co conflicto constante como bandeira 😡
VENRES 15 DE MAIO DE 2026
do BULO ao DATO ‼️
Cal era o punto de partida⁉️
Antes de valorar a redución horaria, cómpre entender ben de onde vimos.
⏳ En Galicia falamos de sesións de 50 minutos, mentres noutros territorios son de 55 ou 60. E aínda que as 20 sesións lectivas nos situaban á cola do Estado, en Galicia tiñamos a permanencia fixa no centro máis baixa do país.
O obxectivo era claro: baixar a 18 sesións lectivas, manter a duración das sesións e conservar unha permanencia fixa reducida.
🤓E que non che quenten a cabeza coa «excepcionalidade ás 20 sesións», aquí tes este asunto explicado…
📄Menos ruido e máis datos!
XOVES 14 DE MAIO DE 2026

Empezamos pola imaxe da Mesa Sectorial de onte (13/05/2026), onde o sindicato que apelaba á súa representatividade maioritaria, logo de dicir por activa e por pasiva que se vulneraba o dereito á negociación colectiva, decidiu que abondaba con que asistiran a este órgano de negociación menos da metade das representantes que lle correspoden.
XOVES 14 DE MAIO DE 2026

A excepcionalidade non é nova
🔗 VER DOCUMENTO EN PDF COMPLETO da Evolución normativa do horario lectivo de Secundaria en Galicia

É falso que a posibilidade excepcional de superar as 18 sesións lectivas apareza agora.
Xa estaba recollida na normativa de Secundaria de 1987, 1997, 2011, 2012 e tamén no proxecto estatal de redución de ratios e xornada.
A diferenza é clave: agora a proposta recupera as 18 sesións como referencia xeral, introduce unha compensación máis garantista e fai voluntaria a excepcionalidade para quen imparta materias afíns.
Se excepcionalmente se supera ese límite, cada sesión lectiva de exceso compénsase con dúas sesións complementarias: primeiro con complementarias fixas e, só cando estas se esgoten, con complementarias non fixas.
Polo tanto, non se xeneralizan as 19 ou 20 sesións.
Recupéranse as 18 como norma xeral, mantense a flexibilidade organizativa que xa existía e mellóranse as garantías para os casos excepcionais.