A modificación -aínda parcial- do Estatuto Marco é fundamental, ademais de ser un imperativo legal, para poñer fin ao abuso das contratacións temporais no Sistema Nacional de Saúde, que xerou unha gran irregularidade, pero non é suficiente posto que non regula materias que, dende UGT Servizos Públicos, consideramos que contribuirían en maior medida a evitar a devandita temporalidade irregular. Falta a aprobación no Consello de Ministros, publicación no BOE e validación (ou non) no Congreso dos Deputados, se houbese modificacións pode ser que non as compartamos, motivo polo que estaremos moi atentos á súa promulgación definitiva.
Sen dúbida a negociación co Ministerio serviu para mellorar a proposta inicial da Administración, e recolle moitas das achegas que Servizos Públicos de UGT relativas a:
- A eliminación da figura do persoal temporal eventual
- A causalidade e a motivación de todos os supostos para nomear persoal estatutario temporal (agora sempre interino)
- O establecemento dunha limitación temporal máxima
- A posible conversión en prazas de persoal estrutural daquelas necesidades inicialmente temporais.
- O esclarecemento das causas de despedimento, xunto coa imposibilidade de encadear nomeamentos temporais por igual ou distinta causa nunha ou varias persoas.
- Definición legal, por primeira vez no Estatuto Marco, do nomeamento irregular por abuso e as consecuencias (compensación económica, responsabilidades, nulidade de plenos dereitos, etc.).
Nestas materias hai unha mellora substancial con respecto ao texto anterior do Estatuto Marco, e son unha correcta adaptación ao EBEP, así como á lexislación e xurisprudencia europea. De aí que, salvo un leve matiz nalgunha redacción, UGT SERVICIOS PÚBLICOS está de acordo, en termos xerais, coa súa redacción definitiva. Porén, ante a présa coa que se levou a cabo a negociación (a reticencia inicial do Ministerio a negociar, e a limitación legal para a adaptación o 8 de xullo) impediu que se abordasen outras cuestións que terían contribuído a reforzar as previsións dirixidas a evitar a rexeneración dunha nova temporalidade.
A este respecto, lamentamos a perda de oportunidade de modificar a promoción interna temporal (devengo de trienios xerados na devandita situación, etc.) ou a falta de concreción das responsabilidades na nova Disposición Adicional, dada o escaso desenvolvemento normativo que fan as CCAA do Estatuto Marco.
Destacar o compromiso de iniciar (3 meses despois da aprobación do RDL e nun prazo máximo de 6 meses, prorrogables) unha negociación completa e integral de todos os contidos do actual Estatuto Marco. UGT Servizos Públicos solicitamos abrir a negociación das nosas propostas en materias tan importantes como: Xubilación Anticipada por coeficientes redutores e parcial con contrato de relevo, Clasificación Profesional, Creación do grupo B, Actualización de Funcións, etc. Xornada, Promoción Interna Temporal, entre outras, co fin de mellorar e innovar positivamente as condicións laborais e as relacións laborais do persoal estatutario.