O vindeiro 15 de maio fomos convocadas/os á Mesa Xeral de Persoal Empregado Público e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario Público co obxecto de tratar os seguintes asuntos:
Mesa Xeral de Persoal Empregado Público
Proposta de modificación do Protocolo da Xunta de Galicia de actuación fronte ao acoso e as violencias sexuais e psicolóxicas no traballo.
Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Mesa Sectorial de Persoal Funcionario Público
Proposta de modificación da Relación de Postos da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)
Borrador convocatoria do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.
Fainos chegar as tuas aportacións a: uxt.sancaetano@xunta.gal
