Sectores

Convocatoria Mesa Sectorial de Persoal Funcionario Público (16.10.2026)

O vindeiro venres fomos convocados á Mesa Sectorial de Persoal Funcionario co obxecto de tratar os seguintes asuntos:

Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso pola quenda de promoción interna no Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autonóma de Galicia, subgrupo C1.

Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo técnico de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autonóma de Galicia grupo B, escala de axentes técnicos en xestión ambiental.

Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autonóma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores

Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autonóma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de cociña.

Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autonóma de Galicia, escala de persoal subalterno.

Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autonóma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña.

Podes facernos chegar as tuas aportacións a sindicato-uxt@xunta.gal

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.