Sectores

Comisión de Persoal Ordinaria (22.03.2023)


ACORDO CONDICIÓNS DE TRABALLO POSTOS DE SERVIZOS PERIFÉRICOS DA CONSELLERÍA DO MAR

UGT: a favor                     CIG: non emite voto             CCOO: a favor                      CSIF: a favor

Sentido do voto de UGT:

Logo da negociación das dúas últimas semanas sobre un documento inicial que non tiña os requirimentos mínimos de acordo de condicións de traballo e aceptadas as alegacións consensuadas con persoas do colectivo realizadas por UGT ao mesmo. Conséguese, coa alegación de UGT:

  • – Nas tarefas habituais:
    • o Supresión do informe técnico biolóxico con carácter “vinculante”.
    • o A inclusión da dirección en accións ou proxectos de investigación.
  • – A clarificación dun réxime de prestación de servizos, que no primeiro documento non existía.
  • – A inclusión dun apartado específico sobre as compensacións polo réxime especial de prestación de servizos, con especificación da prestación en día laborable, sábado e domingos e festivos. Citando expresamente a posibilidade de unir as mesmas aos períodos de vacacións.
  • – A especificación das axudas de custo.

MODIFICACIÓN DA RPT CONSELLERÍA DO MAR:

UGT: abstención CIG: en contra                      CCOO: a favor                      CSIF: a favor

Sentido do voto de UGT:

Esta RPT estivo paralizada a súa negociación durante 6 meses, a primeira xuntanza foi aló polo mes de xullo do ano pasado, e se demandaba unha creación de prazas no Servizo de Gardacostas que puxera fin á problemática de falta de persoal, creando prazas de segunda actividade para cubrir as deficiencias e ter dotadas as Unidades Operativas cos efectivos que permitan o desenvolvemento dun servizo tan necesario como o que é o de Gardacostas. Valorase que se procede á creación de postos de traballo e se incrementan niveis en algún posto de difícil cobertura, e se recoñece que se producen avances, pero non son suficientes como para ser apoiados.

MODIFICACIÓN DA RPT CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL:

UGT: a favor                      CIG: a favor                CCOO: a favor                        CSIF: a favor

Sentido do voto de UGT:

Consiste na modificación dun posto laboral en funcionarial que permita a súa oferta a toma de posesión provisional da OPE de persoal psicólogo.

ANEXO DE EQUIVALENCIAS DO DECRETO 165 DE FUNCIONARIZACIÓN:

Retírase da orde do día, logo da escoita realizada pola Dirección Xeral da Función Pública das alegacións realizadas, por UGT e algunha outra organización, na mesa previa a esta Comisión no día de onte.

DOS ACORDOS DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE CARREIRA E COMPLEMENTO DE DESEMPEÑO:

Informase por parte da Dirección Xeral da Función Pública dos acordos de interpretación realizados na Comisión de seguimento de carreira e complemento de desempeño, podes consultar as actas nos seguintes enlaces:

C de seguimento carreira persoal funcionario:                         C de seguimento carreira persoal:

Acta nº 1 do 20/12/22                                                         Acta nº 1 do 20/12/22

Acta nº 2 do 10/01/23                                                         Acta nº 2 do 10/01/23

Acta nº 3 do 26/01/23                                                        Acta nº 3 do 26/01/23

Acta nº 4 do 17/02/23                                                        Acta nº 4 do 17/02/23

ROGOS E PREGUNTAS:

  • Toma de posesión de persoal subalterno:

UGT preguntou polo escaso número de prazas ofertadas, tendo en conta as vacantes existentes en todas as Consellerías, así como a existencia de algún requisito imprescindible que puidera facer que os últimos en elixir non o cumprisen, instando a saber en que situación quedarían.

Responden que se ofertan as prazas de persoas que aprobaron o  proceso, tamén as vacantes de máis prioritaria ocupación indicadas polas Consellerías. Mirarán o que apuntamos as organizacións ao respecto dos requisitos imprescindibles dos postos que podan ser impedimento, pero entenden que hoxe en día a posesión do carné de conducir non debe ser impedimento para a cobertura dunha praza.

  • Prazas ofertadas á elección de destino en persoal de enfermería:

Solicitamos saber o criterio ao respecto da selección de prazas, en tanto que nos consta que existen prazas que están ocupadas en comisión de servizo que se ofertan, así como prazas vacantes de recente ocupación que non están ofertadas. Revisarán e informarán para próximas reunións.

  • A enquisa do I Plan de Igualdade da Xunta de Galicia:

En principio indican que debería de remitirse hoxe, todo o máis mañá, polo que lle transmiten desde o departamento correspondente.

  • Elección de destino do persoal enxeñeiro técnico forestal:

Non están dentro dos procesos que teñan previsión de prioridade.

  • Actualización de méritos do grupo II categoría 007:

Preguntado sobre o porque da non actualización en listas desta categoría, responde que posiblemente a actualización foi automática e o sistema procedeu a actualizar o A2 e non o II-007, revisarán.

  • Excedencias nas eleccións de destino de persoas temporais ou interinas noutras administracións:

Confirma que xa se está facendo con certa normalidade, van a revisar todos os casos e supostos concretos e na  próxima reunión da semana que ven dará a información máis detallada.

Ata ao de agora non hai maior problema, estase dando excedencia por interese particular no caso de interinos que están noutras administracións, como no SERGAS, e que solicitan a excedencia para continuar como interino na outra administración, así se fixo no C1, por exemplo.

Estase dando excedencia polo sector público cando é o caso do persoal funcionario de carreira.

INFORMA-T

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.