EXPLICACIÓN VOTO EN CONTRA DE UGT
O anteproxecto preséntase como trámite de urxencia para axilizar a contratación no período de alto risco do persoal de SPIF pero formulan cuestións que superan a dito colectivo e que non teñen a urxencia que se propugna, ou que afectando a dito colectivo non son propios da regulación de chamamentos como é a autorización marco de acumulación de tarefas que podería ser unha fórmula que rompa a causalidade da contratación cando o exceso ou acumulación deriva da falla de cobertura de prazas por vacante ou ausencias xustificadas.
Este sería o sétimo Decreto, sen contar outras modificacións operadas con leis de medidas, polo que e nesta modificación proposta non se refunden as anteriores e non contemplan cuestións que son solicitadas reiteradamente por UGT: revisión de ámbitos, listas de promoción interna temporal, desagregar listas de categorías logo da funcionarización
Rexeitan establecer un límite de hora de emisión do SMS urxente nos chamamentos extraordinarios establecendo un limite de aceptación ata as 23,59 h do mesmo día. Non garante un mínimo de horas.
Eliminan a mellora de emprego coa modificación do artigo 15 sobre suspensión de chamamentos de oficio: As excepcións das suspensións de oficio permitían ser chamados por unha soa vez a vacante da mesma ou doutra categoría, corpo ou escala. Esta medida non é unha mellora de xestión é un recorte radical de dereitos a todos os colectivos de persoal, e non está xustificada a urxencia.
Rexeitan incluír modificación do artigo 15 suspensión por solicitude do aspirante, e limitar os efectos suspensivos nas citacións soamente a lista ou listas que se solicite.
SPIF: non aplica a norma xeral do novo artigo 14 bis b) que contempla que a falta de acceso non se considera rexeitamento,; e inclúe a autorización marco por acumulación de tarefas, que non é materia dun decreto urxente que regula chamamentos. Rexeitando derivar o marco de seguimento do acordo SPIF as necesidades de cobertura, para eliminar unha fórmula que pode romper causalidade da contratación e permitir que o exceso ou acumulación derive da falla de cobertura de prazas por vacante ou ausencias xustificadas.
Incluír unha disposición final que contemple a revisión dos ámbitos das listas provincias ou autonómicas, e a revisión/desglose de listas por categorías, corpos e escalas, logo dos procesos de funcionarización e unificación de listas, e a promoción interna temporal.
Solicitamos que se comprometa a negociación e o prazo da mesma, dun Decreto que integre todos os anteriores e modifique cuestións como as que formulamos reiteradamente, nun marco temporal. A DXEAP na Mesa xeral previa do 14 de abril emprazou unha posterior negociación dun novo Decreto pero na Comisión de persoal de hoxe 16 de abril, non asumiu ningunha data para dita negociación.
