Desde UGT Servizos Públicos apostamos por avanzar no dereitos LGTBI garantindo centros de traballo inclusivos e orgullosos en todos os servizos públicos.

OS AVANCES NORMATIVOS DEBEN SER AVANCES EN CONDICIÓNS LABORAIS. Este ano, unha importante reivindicación laboral na mesa de Diálogo Social é a aprobación Real Decreto que desenvolva regulamentariamente o artigo 15.1 da Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e a garantía dos dereitos das persoas LGTBI.

FORTALECER A NEGOCIACIÓN COLECTIVA E OS PROTOCOLOS. O sindicalismo é un espazo central para a igualdade real. Sendo por tanto clave garantir os recursos necesarios para a negociación de convenios e protocolos con perspectiva LGTBI.

RECURSOS, INFORMACIÓN E FORMACIÓN. Facilitamos información e formación nos centros de traballo ás e os representantes das persoas traballadoras sobre a realidade e necesidades das persoas LGTBI, co obxectivo de lograr a implementación e o seguimento das medidas que fan efectiva a igualdade de oportunidades e a non discriminación.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.