O día 30 de decembro de 2024 recibimos a Proposta para proceder a convocar o proceso extraordinario a carreira de persoal funcionario e complemento de desempeño de persoal laboral da AXXG. Nese intre os sindicatos solicitamos convocatorias anuais de sistema transitorio ata que entrase en vigor a carreira ordinaria, e non producirse valeiros, deixando persoal polo camiño.
A DXEPAP convoca Mesa para o 17 de xullo, coa mesma proposta de modelo extraordinario, non incorpora ningunha alegación de UGT, e proposta de anteproxecto de Decreto de carreira ordinaria que establece un entronque entre o modelo extraordinario e o ordinario:
- 2025-2028 convocatoria anual anualmente se convoca grao extraodinario.
- 2029-2031 convocatoria anual grao ordinario transitorio (aínda non estará completada a avaliación do desempeño).
- 2032 convocatoria anual grao ordinario, con sistema de avaliación do desempeño completo.
Proposta de grao extraordinario:
- Os efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025, cumpríndose co acordado con este sindicato.
- A proposta e idéntica para persoal funcionario e laboral, outra das premisas do acordado.
- As contías se actualizan dende o ano 2019 tal e como se acordou coa Xunta, polo que levan acumulado un 9,8% de incremento, o igual que o resto de retribucións, e está pendente un 0´5% de atrasos dende xaneiro de 2024, incrementos acordados UGT SP a nivel estatal.
- Requisitos e méritos iguais para os graos extraordinario I e II, que se convocaran de novo toda vez que non está regulada a carreira ordinaria,
- Requisitos para os grao extraordinario respectan o acordado, pero incrementan os méritos, dende o noso punto de vista, desproporcionadamente, xa que en formación que son 40 horas grao I e 80 grao II, suben a 180 horas en grao III, e NON estamos de acordo.
- Catro anualidades para percibir a contía íntegra do grao correspondente, I, II ou III. UGT SP. Inaceptable, aínda que se xustifique coa reapertura do grao I e II extraordinario.
Dende unha análise mais detida do Anteproxecto de carreira ordinaria e tendo en conta as aportacións que nos queirades facer chegar, faremos unha contraproposta en tempo e forma.
Consulta as propostas nos seguintes enlaces: