Sectores

As organizacións sindicais CSIF, CCOO, UGT e a administración establecen as directrices básicas para a regulación das condicións de traballo dos postos de persoal funcionario do SPIF e para a ampliación do tempo de prestación de servizos do persoal fixo descontínuo de 6 a 9 meses

Nas derradeiras semanas e mentres outros se dedicaban a manipular ao persoal e sacar rédito político cara as vindeiras eleccións autonómicas, as organizacións sindicais UGT, CCOO e CSIF, como vimos facendo con carácter xeral no ámbito doutras Consellerías,  mantivemos abertas as vías de comunicación e interlocución coa Administración para tentar achegar posturas e xerar os consensos necesarios de cara a avanzar na regulación  das condicións de traballo do persoal que presta servizos no SPIF.

Como resultado da liña de diálogo aberta e, despois de achegar as nosas alegacións aos documentos presentados pola Consellería,  estamos en disposición de anunciar que temos acadado unha postura común coa Administración sobre cales deben ser as premisas e directrices fundamentais nas que debe basearse a regulación das condicións de traballo dos postos de persoal funcionario do SPIF, así como a necesidade da ampliación do tempo de prestación de servizos do persoal fixo descontinuo de 6 meses.

As liñas básicas son as seguintes:

  • Incremento do tempo de traballo do persoal descontinuo de 6 meses que pasarán a traballar 9 meses (en 3 anos).

POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO

  • Xornada máxima anual efectiva de traballo: 1.550 horas
  • Cuadrante único para todo ano: cadencia 3-4 días cada dúas semanas.
  • Horarios de 10 horas en días alternos sen prolongación de xornada, garantindo un descanso semanal de dous días naturais ininterrompidos e a libranza de fins de semana alternos.
  • Compensación económica por domingos e festivos traballados: 160 horas anuais a compensar polo valor da hora traballada que corresponda a cada traballador/a.

Dende as organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT valoramos positivamente o consenso e o entendemento alcanzado sobre os criterios que deben regular as condicións de traballo do persoal do SPIF, e que ademais consideramos, contribuirá de maneira significativa á mellora do servizo,  á profesionalización do mesmo e á dignificación e posta en valor do persoal do SPIF.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.