Lembrámosvos que, tal como se publicou DOG do 22/12 a Convocatoria do Concurso-oposición de 2023, dende hoxe e ata o 30 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición.
A participación nestas oposicións extraordinarias de xuño de 2023, NON vai a supoñer a inclusión nas listaxes de substitución que permanecerán como se confeccionaron despois dos procesos de 2022.
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para axudarvos en todo o proceso podedes acceder ó noso titorial!
Se estades a valorar participar nas oposicións doutras comunidades tedes toda a información no noso boletín de convocatorias a nivel estatal!