A finais da época dos noventa do pasado século produciuse un acelerón informático, sobre todo debido á incorporación de internet, tanto na nosa vida cotiá como nos nosos postos de traballo.
Con todo, o coñecemento que as persoas traballadoras posuímos sobre “dixitalización” non evolucionou ao mesmo ritmo que as tecnoloxías, a infame pandemia de Covid-19 evidenciouno aínda máis.
Todas e todos utilizamos a diario as tecnoloxías pero non as entendemos nin as dominamos completamente, o que converte calquera erro cometido -por pequeno que sexa- nun auténtico quebradeiro de cabeza. Ademais a irrupción do teletraballo nas nosas vidas fai que sexa necesario un coñecemento máis amplo dos posibles problemas que nos podamos atopar e as súas solucións.
UGT entende que o futuro avance profesional das persoas traballadoras pasa por mellorar as súas competencias dixitais e, en consecuencia, involucrouse activamente dentro do proxecto financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e Unión Europea – NEXT GENERATION.
A Unión Europea aposta por uns obxectivos en materia dixital para o ano 2030, que van supoñer a creación dunha importante cantidade de postos de traballo con perfil de coñecementos en materia dixital en todos os ámbitos produtivos, o que converte aos chamados “coñecementos en dixitalización” nunha importante materia transversal a aplicar en todos os ámbitos da nosa vida diaria e a nosa actividade laboral.
Nun curto espazo de tempo, todos nós deberemos ter estas competencias para ser máis eficientes nos nosos postos de traballo e por iso, á hora de atopar ou acceder a un novo emprego, os empregadores van esixir que posuamos este tipo de coñecemento antes de incorporarnos á actividade laboral da empresa.
O 18 de xaneiro publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto 46/2022, polo que se establecen determinadas cualificacións profesionais, entre as cales se atopa a Acreditación da Cualificación Profesional IFC748_2 Dixitalización Aplicada á Contorna Profesional, -correspondente á rama Informática e Comunicacións-, en cuxo anexo III podedes atopar toda a información relativa á mesma.
UGT, a través do proxecto NEXT GENERATION, puxo a disposición de todas as persoas traballadoras o curso “Dixitalización aplicada ao sector produtivo”, destinado a capacitalas en competencias dixitais. Este ten unha duración de 30 horas (6 semanas) en modalidade en liña.
Esta acción formativa é gratuíta para calquera persoa traballadora que se atope en activo, xa sexa por conta allea, por conta propia, traballador en situación de ERTE ou empregado público.
Unha vez realizado e superados todos os controis periódicos, proporcionarache un diploma acreditativo do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
A través da firma deste diploma, autorizarás ao Ministerio para iniciar os procedementos de acreditación da Cualificación Profesional IFC748_2 Dixitalización Aplicada á Contorna Profesional (Real Decreto 46/2022, DO 18 de xaneiro) composta -no caso do curso que nos ocupa- polas unidades de competencia “UC2490_2: Aplicar tecnoloxías habilitadoras dixitais para a xestión de dispositivos e datos na contorna profesional” e “UC2491_2: Aplicar tecnoloxías habilitadoras dixitais para a xestión de contidos na contorna profesional” pertencentes a cualificación mencionada anteriormente.
Se te decides a realizalo, cando o completes aprenderías as competencias básicas relacionadas coa información e alfabetización dixital, a comunicación e a colaboración, a creación de contidos dixitais, a seguridade na rede e a resolución de problemas. O curso está composto por cinco Accións Formativas máis unha Acción Formativa inicial que che ofrecerá unha visión global das tecnoloxías habilitadoras.
ACCEDE AQUÍ A TODA A INFORMACIÓN PRÁCTICA SOBRE ESTE CURSO
Si queres inscribirte PREME AQUÍ, ou ben a través deste código QR