Sectores

Alegacións aos baremos dos procesos selectivos derivados da Lei 20/2021


UGT ven de rexistrar o documento de alegacións aos baremos dos procesos selectivos derivados da Lei 20/2021. Previamente ás emendas ao borrador presentado pola Dirección Xeral da Función Pública establecimos unha serie de consideracións que compartimos con todas e todos vos, e que atenden ao expresado pola administración, durante a negociación da OPE extraordinaria correspondente á execución dos procesos derivados da Lei 20/2021 de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Dito o anterior REITERAMOS PUBLICAMENTE os seguintes aspectos que  desde UGT consideramos imprescindibles:

  • A concreción das prazas a ofertar, incluídas nos procesos derivados tanto da aplicación do artigo 2, como das  disposicións adicionais sexta, sétima e oitava.
  • A delimitación estruturada dos ámbitos que determina o órgano competente para realizar a convocatoria.

Ao respecto da segunda das cuestións formuladas, e durante a negociación da OPE extraordinaria da estabilización, quedou meridianamente claro que os procesos correspondentes ás Entidades Instrumentais do ámbito do artigo 45.b da LOFAXGA, será realizada, a dita convocatoria, polos propios Entes, non así aqueles que se regulan polo artigo 45.a, nos que parece existir unha certa “nebulosa” non definida ao respecto da correspondencia ou non das convocatorias.

Ante o anterior, UGT solicita a este respecto que a Dirección Xeral da Función Pública proceda á convocatoria daqueles Entes Instrumentais integrados no seu ámbito, ao amparo da aplicación do Decreto 129/2012, realizando o resto os propios entes instrumentais.

Xustificase a anterior solicitude en que consideramos que non constitúe ámbito propio da Dirección Xeral da Función Pública as cuestións de regulación da selección de persoal dos entes non integrados.

As bases e baremos que regularán os procesos nos entes non integrados (artigo 45.a LOFAXGA) ao igual que as dos entes correspondentes ao artigo 45.b, terán iso si, ás consideracións xerais das bases e baremos que se acorden para o resto da Administración Xeral, adaptándoas ás especificidades e peculiaridades que lle sexan propias.

Co fin de dar cumprimento ao artigo 50.3 da LEPG, UGT solicita que os procesos realizados polo sistema de concurso, sexan realizados en primeiro lugar, aos efectos de que aquelas persoas que os superen e obteñan praza, non participen no proceso de concurso-oposición á mesma escala, corpo, escala ou categoría.

Premendo nesta ligazón atoparedes o DOCUMENTO COMPLETO coas nosas alegacións

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.