Sectores

Acordo Persoal SPIF

O día 8 de febreiro celebrouse unha xuntanza entre a Dirección Xeral da Función Pública e as Organizacións Sindicais sobre o acordo regulador dás condicións de traballo no SPIF. Nesta xuntanza concretáronse todas as melloras acadadas nas xuntanzas previas mantidas coa Consellería do Medio Rural e a próxima semana o acordo pasará pola Mesa Xeral de Negociación e pola Comisión de Persoal, para posteriormente ser ratificado no Consello da Xunta do próximo día 15 de febreiro.

Nestes intres, CCOO, CSIF e UGT mantemos abertas todas ás liñas de diálogo coa Administración para mellorar no acordo final á oferta económica acadada ate agora.

Que conseguimos?
  UN ACORDO PARA TOD@S  

O ámbito de aplicación inclúe a todo o persoal funcionario (de carreira e interino) e ao persoal laboral (fixo ou temporal) que ocupa postos de persoal funcionario. Asemade, incluirá unha cláusula que habilite a súa futura extensión ao persoal fixo descontinuo.
Unha carteleira con criterios unificados para tódolos distritos e negociada na Dirección Xeral de Defensa do Monte coa Comisión de Seguimento.
Xornadas de 10 horas sen prolongacións (salvo incendios de nivel 2, cun máximo de dúas horas pagadas como gratificacións por servizos extraordinarios)
Quendas de 7 días de traballo cada dúas semanas: luns-mércores-sábado-domingo / martes-xoves-venres
Redución da xornada máxima anual de 1665 horas a 1550 (182 días de traballo (1820 horas – vacacións (270 horas) = 1550 horas). Máximo de 155 días de traballo efectivo.
Libranza en fins de semana alternos e da metade dos festivos anuais: inclusión dos días 24 e 31 de decembro como festivos a efectos de descanso e/ou cobro
FIN das prolongacións de xornada
Cambio de quendas con autorización do responsable de persoal e un descanso de 12 horas entre quendas
Entrega das carteleiras anuais no mes de decembro do ano anterior
Vacacións: 27 días laborables a escoller polo traballador/a durante todo o ano
Desfrute independente de ata 6 días laborables de vacacións por ano natural
Pago de tódolos domingos e festivos traballados (nestes intres a oferta é de 140 euros cada dous domingos e/ou festivos para o C2 e de 160 euros para o C1). Na xuntanza de hoxe reclamamos chegar aos 170 euros para o C2 e 190 euros para o C1.
Estas cantidades serán actualizadas coas subidas salariais establecidas na Lei de Orzamentos
Un período de vixencia de 3 anos
Entrada en vigor antes do 1 de maio de 2024
UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.