Sectores

Acordo de Condicións de Traballo no SPIF: preguntas frecuentes

Ante a inminente entrada en vigor, o vindeiro 1 de maio, da nova regulación de condicións de traballo do servizo de incendios, a continuación damos resposta a algunhas dás consultas máis habituais que recibimos respecto do “Acordo de condicións de traballo dos postos de persoal funcionario do SPIF” e a concreción de bandas horarias e secuencias.

  1. Cantos días vamos traballar ao ano?

155 días

O novo acordo establece que se van a traballar 7 días cada dúas semanas nunha secuencia de 3 días unha semana (martes-xoves-venres) e 4 días á seguinte (luns-mércores-sábado-domingo), o que da como resultado inicial un total de 182 días de traballo, aos que descontadas as vacacións (27 días laborables), déixanos un total de 155 días de traballo anuais.

  1. Reduciremos os días de traballo anuais?

Si. Traballarase preto de 45 días menos ao ano.

Actualmente, nun cuadrante ordinario aparecen de xeito xeral entre 228 e 232 días de traballo (T), (cós libres festivos (LF) e as horas habilitadas (H) xa incorporadas). Se a este resultado lle descontamos 30 días laborables de vacacións (situación máis favorable en baixo risco), déixanos un resultado de preto de 200 días de traballo fronte aos 155 do novo acordo. É dicir, nestes intres trabállanse anualmente 45 días máis.

  1. A duración da xornada de traballo varía ao longo do ano?

Non. A duración da xornada de traballo será de 10 horas ao longo de todo o ano.

  1. Pódese prolongar a xornada de traballo máis alá dás 10 horas?

Non. A nova regulación elimina a posibilidade de prolongar a xornada no caso de incendio, salvo que sexa declarado de nivel 2. Neste caso poderase prologar a xornada 2 horas soamente aos medios asignados ao incendio. Ditas horas pagaranse como gratificacións extraordinarias.

  1. A nova regulación reduce a xornada máxima anual?

Si. Actualmente a xornada máxima anual fíxase en 1.665 horas e, co novo acordo, pasa a ser de 1.550 horas (155 días de traballo x 10 horas).

  1. Os fins de semana libres serán alternos durante todo o ano?

Si. Libraremos dous fins de semana completos durante todo o ano fronte a libranza dun domingo ao mes en alto risco (4 meses ao ano).

  1. Traballaremos máis horas en cómputo anual coa nova regulación?

Non. Se tomamos como referencia os 230 días de traballo actual e descontando 30 días laborables de vacacións desfrutadas do xeito máis favorable (baixo risco na súa totalidade), quédanos 200 días de traballo, dos cales 8 meses son de xornadas iniciais de 7 horas e 4 meses de xornadas iniciais de 8 horas (sen contar posibles prolongacións), resultan preto das 1.500 horas de traballo, ás que hai que engadir as 80 horas de prolongacións de xornada que se poden facer ao ano, e que nos cuadrantes anuais están reflectidas como horas habilitadas (H), polo que o resultante total estaría preto das 1.580 horas. Todo elo fronte á nova regulación, que ás delimita a 1.550 horas (155 días).

  1. A xornada laboral será de 35 horas semanais en cómputo anual?

Si. Cada dous semanas trabállanse 7 días en xornadas de 10 horas, polo que cada dúas semanas trabállanse 70 Horas, é dicir 35 (70/2) horas semanais en cómputo anual. De feito, no acordo establécense 5 días de compensación por exceso de xornada, a escoller polo traballador como vacacións (22+5) para garantir que o cómputo anual de horas non excede das 1.554 horas aceptadas con carácter xeral como referencia da xornada de 35 horas en cómputo anual.

  1. Recuperamos a compensación por traballos en domingos e festivos?

Si. A compensación será totalmente económica nos seguintes termos:

Neste ano 2024, a partir do 1 de maio, por cada dous domingos e/ou festivos traballados o persoal do subgrupo C2 percibirá o 50% de 140 euros, e o persoal do subgrupo C1 e ou B o 50% de 160 euros.

No ano 2025 por cada dous domingos e/ou festivos traballados o persoal do subgrupo C2 percibirá o 75% de 160 euros, e o persoal do subgrupo C1 e ou B o 75% de 180 euros.

A partir do 1 de xaneiro do 2026, por cada dous domingos e/ou festivos traballados o persoal do subgrupo C2 percibirá 160 euros, e o persoal do subgrupo C1 e ou B 180 euros.

Cada domingo e/ou festivo traballado cobrarase a 80€ no caso do subgrupo C2 e a 90€ o subgrupo C1/B e estas cantidades serán actualizadas de acordo á Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma.

  1. Seguirase a retribuír a nocturnidade?

Si. O artigo 7 do acordo establece que o persoal que se atopa dentro do ámbito de aplicación seguirá percibindo a nocturnidade nos mesmos termos que ata o de agora.

Asemade, como resultado das bandas horarias e secuencias acordadas na Comisión de Seguimento, acádese unha homoxeneización no entorno das 600 horas anuais nocturnas para todas as especialidades de persoal funcionario do SPIF nas 4 provincias e nos 19 Distritos Forestais.

  1. Cales son as bandas horarias e secuencias de traballo?

O pasado 10 de abril a Comisión de Seguimento acadou o seguinte acordo respecto ás bandas horarias e as rotacións das quendas de mañá, tarde e noite ao longo do ano:

  1. A cantos días de vacacións temos dereito?

27 días laborables 22 días laborables incrementados cos fixados na normativa xeral por antigüidade + 5 días por exceso de xornada: (270 horas fronte ás 210 actuais en base a 30 días en baixo risco).

Poderanse desfrutar en calquera época do ano e sempre en períodos de 7 días consecutivos de traballo efectivo (dúas semanas seguidas). Non obstante, de acordo coa normativa xeral, poderase solicitar o gozo independente de ata 6 días por ano natural.

  1. Como se desfrutan os permisos e licenzas restantes?

Por días completos de traballo, do mesmo xeito que as vacacións, os asuntos persoais e o resto de permisos e licenzas que correspondan a cada empregado público desfrutaranse por dias completos de traballo.

  1. Vou poder solicitar os días de asuntos persoais por antigüidade?

Si,por días completos de traballo (10 horas) ao igual que os días de vacacións por anos de servizo, que se sumarán aos 27 días ordinarios (22+5).

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.