INFORME CONXUNTO DAS XUNTANZAS SECTORIAIS DE POLÍTICA SOCIAL

UGT Servizos Públicos e as organizacións sindicais CIG, CCOO, USO, CUT e SNEP, emitimos un informe conxunto para comunicar ás persoas traballadoras dos sectores de Escolas Infantís 0-3, Menores e Discapacidade o resultado das recentes xuntanzas mantidas coas respectivas representacións empresariais/asociación de cada sector.

Os sindicatos participantes manifestamos:
Compromiso coas persoas traballadoras: a nosa prioridade é a defensa dos dereitos e a consecución de melloras salariais e laborais concretas e efectivas en todos os sectores.
Unidade de acción: continuaremos traballando de forma conxunta para lograr as melloras necesarias nos ámbitos onde sexa posible e efectivo.

Consulta o comunicado conxunto das OOSS:

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.