Sectores

Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos (11/04/2025)

O vindeiro venres estamos convocados á Mesa Sectorial de Funcionarios públicos onde imos tratar os seguintes asuntos:

Proposta de Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira.

Aqui atoparás toda a documentación técnica (inlúense os postos do buzón Institutos Politécnicos Marítimo Pesqueiros e Extensión Pesqueira)

Proposta de Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (de arqueólogos; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos; auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos).

Aqui atoparás toda a documentación técnica (inlúense os postos do buzón do concurso de arqueólogos, restauración, arquivos, bibliotecas e museos, e delineantes)

Podes facernos chegar as tuas aportacións a uxt.sancaetano@xunta.gal ou sindicato-uxt@xunta.gal