Convidámoste ao noso curso sobre Convivencia e igualdade: estratexias para a prevención do acoso no sector educativo. Unha oportunidade única para aprender e mellorar a seguridade na túa contorna laboral.
Detalles:
- Do 30 de setembro ao 28 de outubro de 2024
- Duración: 41 horas
- Modalidade: En liña
- Custo: Gratis
Os obxectivos xerais que perséguemos con este curso, son os seguintes:
- Coñecer diferentes conceptos relacionados coa convivencia.
- Identificar os principios que subxacen á educación para a paz.
- Analizar a convivencia desde a perspectiva de diferentes normativas.
- Analizar os principais fenómenos antagónicos á convivencia.
- Incentivar á convivencia a través do coñecemento dalgúns dos seus fenómenos antagónicos.
- Coñecer os trazos identificativos correspondentes a posibles fenómenos antagónicos á convivencia.
- Coñecer os aspectos principais relacionados co fenómeno bullying.
- Intervir desde o ámbito educativo para a prevención da agresividade na aula.
- Establecer as pautas principais relacionadas cun proxecto de convivencia.
- Recoñecer e analizar as pautas básicas relacionadas co adestramento en habilidades sociais.
- Identificar os procesos comunicativos como fundamentais na prevención de condutas agresivas.
- Fomentar ao traballo da intelixencia emocional no contexto educativo.
- Proporcionar ferramentas básicas para traballar cara a unha escola inclusiva.
- Determinar estratexias de intervención no contexto educativo.
- Exemplificar actividades encamiñadas cara á convivencia no ámbito educativo.
O programa que se levará a cabo no curso será o seguinte:
- MÓDULO 1. CONVIVENCIA NA AULA.
- MÓDULO 2. FENÓMENOS ANTAGÓNICOS Á CONVIVENCIA
- MÓDULO 3. SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR
- MÓDULO 4. ELEMENTOS CRAVES PARA O FOMENTO DA CONVIVENCIA
- MÓDULO 5. RECURSOS E ACTUACIÓNS PARA A ESCOLA INCLUSIVA.
Inscrición pechada
Para máis información contacta con nós no Teléfono 981.572.744
Non te perdas esta oportunidade de fortalecer os teus coñecementos e protexer a saúde de todos!