ESPAÑA INCUMPRE A CARTA SOCIAL EUROPEA EN MATERIA DE DESPIDO
A resolución do Comité Europeo de Dereitos Sociais sobre o custo do despedimento improcedente en España tras a denuncia interposta por UGT en marzo de 2022, conclúe que a lexislación española non cumpre co artigo 24 da Carta Social Europea, no que garántese o dereito das persoas traballadoras a unha protección adecuada en caso de despedimento e determínase que a compensación establecida pola normativa, fixa e predicible, non é suficiente para cubrir os danos sufridos e non ten un efecto disuasorio para os e as empregadores.
O sindicato presentou a demanda porque era consciente de que coa reforma laboral non se reverteron todas as medidas introducidas en 2012 polo Goberno de Mariano Rajoy. Nese momento reduciuse de 45 a 33 días por ano a indemnización e elimináronse os salarios de tramitación. A finalidade non é encarecer o despedimento aos empresarios, senón evitar que haxa despedimentos arbitrarios e inxustos. Noutras palabras, se non hai razóns para o despedimento, que non se despida e se as hai, que se xustifiquen.
A pretensión da demanda de UGT é protexer os contratos de traballo e que o despedimento sexa a última opción nun contexto no que “temos preto de 900.000 extincións de contratos ao ano, con indemnizacións medias por despedimento inxusto que roldan os 9.000 euros, dos que 140.000 van aos tribunais”.
É necesario que as e os maxistrados en España teñan en conta cuestiones de carácter persoal que agraven a contía da indemnización por despedimento improcedente, cuestións relativas “ás posibilidades de empregabilidade da persoa (tanto pola contorna xeográfica no que vive, a súa formación, a súa idade, se ten persoas a cargo, a súa situación económica, se está preto da xubilación ou se hai risco de vulnerabilidade…).
Esta resolución que dá a razón a UGT é “unha resolución histórica que vai cambiar o concepto mantido en España sobre o despedimento ao longo do tempo. Unha resolución que achega igualdade, xustiza e seguridade xurídica e permítenos seguir avanzando no camiño da estabilidade iniciado coa reforma laboral de 2022.
Tanto as resolucións de Finlandia, Italia e Francia, como a de España, sitúan claramente que a indemnización por despedimento non pode ser coñecida previamente polo empresario, que ten que cubrir os danos causados á vítima e que se teñen que pagar os salarios de tramitación, -os que se corresponden coa data que vai desde o despedimento ata que se coñece a sentenza- e que corrían a cargo da empresa e eran un elemento de disuasión.
Diálogo Social e se non, tribunais
Sería razoable que tras o 29 de xullo, data na que se poderá publicar a sentenza íntegra, Goberno, patronal e sindicatos sentasen para facer unha adaptación á lexislación española a través do Diálogo Social que permita dar cumprimento a unha resolución vinculante. Depende da vontade que teña o Goberno e a patronal, os sindicatos, desde logo, témola, pero se non é así, pelexaremos sentenza a sentenza porque cremos que os traballadores e traballadoras teñen moito que gañar e os nosos servizos xurídicos están preparados”.