Sectores

XVI Convenio de Discapacidade: nova reunión o 17 de maio

O 17 de abril iniciouse o procedemento de mediación no SIMA polo bloqueo do XVI Convenio Colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade. A mediación aprazouse ao vindeiro 17 de maio , data na que as patronais terán que presentar ás organizacións sindicais unha proposta que poda facilitar un acordo.

Así, co ánimo de lograr avances -ante o inmobilismo nas negociacións que tanto tempo leva sufrindo o sector-, UGT Servizos Públicos e CCOO continuamos coa campaña iniciada o día 17 nas redes sociais. PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO.

Animámoste a que te sumes a esta iniciativa compartindo os vídeos e «mobilizándote» nas redes!

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.