Sectores

Comisión de Persoal (23/01/2024)

Hoxe tivo lugar a Comisión de Persoal na que se procedeu á votación sobre as seguintes bases de acceso da Promoción Interna separada

  • Sistemas e Tecnoloxía da Información
  • Escala de xestión de Sistemas de informática (A2)
  • Escala Superior de Finanzas
  • Inspectores/as de Consumo
  • Enxeñería Agronómica
  • Enxeñería Industrial
  • Enxeñería de Minas
  • Enxeñería de Montes
  • Enxeñería Técnica Agrícola
  • Enxeñería Técnica de Obras
  • Enxeñería Técnica Forestal

Voto en contra

Ao respecto da Promoción Interna a nosa proposta implica a participación da EGAP coa oferta ás persoas participantes nos procesos de promoción dun curso formativo coa súa correspondente avaliación final (apto/a ou non apto/a). Asumindo a dificultade, fundamentalmente en termos de carácter temporal e de estrutura por parte da EGAP, propoñemos a reactivación da plataforma formativa da EGAP coa finalidade de servir de ferramenta de preparación das probas, que en todo caso deberían seguir o modelo xa verificado de forma satisfactoria nos procesos de funcionarización, é dicir con baterías de preguntas.

De xeito concreto,  UGT fixo referencia na Comisión á ausencia do temario da escala de Inspectores/as de Consumo, solicitando a súa remisión con carácter de urxencia a efectos de analizar o contido do mesmo.

Información facilitada pola Dirección Xeral:

  • Mañá, mércores 24 de xaneiro sairá publicado o procedemento de acreditación dos méritos no marco da Lei 20/2021 para os subgrupos A1 e A2
  • Faise necesario ao marxe da información vía telefónica resolta a través do persoal da Dirección Xeral da Función Pública informar da existencia na plataforma Fides dun arquivo de preguntas frecuentes que podería axudar a resolver gran parte das dúbidas xurdidas ás persoas participantes nos procesos de estabilización. Aqui podes descargalo:
  • Infórmase que nos procesos selectivos anteriores á Lei 20/2021, en fase de execución (un total de 13), a acreditación dos méritos poderase realizar a través do FIDES

UGT recorda que a esta Comisión de Persoal se presentaba a interpretación da natureza de días de asuntos particulares, dos días 24 e 31 de decembro, cando coinciden en sábado, e a súa aplicación a todo o persoal da AXXG, tal e como se anunciou na Comisión de persoal do pasado día 19 de xaneiro.

DXFP refire que remitirá antes de finalizar a semana dito redactado.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.