O xoves día 9 tivo lugar a segunda reunión do Acordo de condicións de traballo do persoal funcionario, no que se aporta por parte da Consellería un primeiro borrador cos puntos acordados, para o inicio. Por parte da Consellería participan a Secretaría Xeral Técnica e a Dirección Xeral de Defensa do Monte.
Dan lectura ao borrador, sobre os puntos previstos que consta de dúas propostas:
PROPOSTA A | PROPOSTA B | |
Períodos de prestación de servizos | O ano natural divídese en dous períodos de prestación de servizos .Un ordinario e outro extraordinario. No último trimestre do ano anterior estableceranse dous cadros de servizo: Un para período ordinario e outro para o período extraordinario. O cadro do período extraordinario fixarase para todo o ano natural. Deberá respectarse a xornada máxima anual que estableza a Xunta de Galicia para o persoal a quendas. | O ano natural divídese en dous períodos de prestación de servizos .Un ordinario e outro extraordinario. No último trimestre do ano anterior estableceranse dous cadros de servizo: Un para período ordinario e outro para o período extraordinario. O cadro do período extraordinario fixarase para todo o ano natural. Deberá respectarse a xornada máxima anual que estableza a Xunta de Galicia para o persoal a quendas. |
Quendas en día festivo | As quendas de prestación efectiva de servizos en día festivo non superarán o número de 5 ao ano por traballador/a, computándose para estes efectos tanto as quendas en festivo realizadas en período ordinario como extraordinario. Non terá consideración de quenda en día festivo aquela na que se presten tes ou menos horas en día sinalado como festivo. | As quendas de prestación efectiva de servizos en día festivo non superarán o número de 7 ao ano por traballador/a, computándose para estes efectos tanto as quendas en festivo realizadas en período ordinario como extraordinario. Non terá consideración de quenda en día festivo aquela na que se presten tes ou menos horas en día sinalado como festivo. |
PROPOSTA A | PROPOSTA B | |
Período ordinario | 1. O período ordinario comprende todo o ano, excepto o definido, se é o caso, como período extraordinario. Neste período realizaranse de luns a venres quendas de prestación efectiva de servizos de mañá e tarde. Tamén se realizará unha quenda diaria de prestación efectiva de servizo durante cada fía da fin de semana e festivo. Para estes efectos, terán a consideración de festivos os días 24 e 31 de decembro | 1. O período ordinario comprende todo o ano, excepto o definido, se é o caso, como período extraordinario. Neste período realizaranse de luns a venres quendas de prestación efectiva de servizos de mañá e tarde. Tamén se realizará unha quenda diaria de prestación efectiva de servizo durante cada fía da fin de semana e festivo. Para estes efectos, terán a consideración de festivos os días 24 e 31 de decembro |
2. A duración das quendas de mañá e tarde de luns a venres durante o período ordinario será de 7 horas. A quenda de mañá comezará ás 8:00 horas e a de tarde ás 14:00 ou 15:00horas. | 2. A duración das quendas de mañá e tarde de luns a venres durante o período ordinario será de 8 horas. A quenda de mañá comezará ás 8:00 horas e a de tarde ás 14:00 ou 16:00horas. | |
3. Se por necesidades do servizo é necesario prolongar a xornada de traballo durante as quendas de mañá e tarde, de luns a venres, o/a traballador/a seguirá prestando continuadamente o servizo ata un máximo de 4 horas, sen que o número de horas acumuladas ao mes poida exceder de 8. Cada hora prolongada compensarase cunha diminución de xornada no mesmo trimestre ou no seguinte de 1,50 horas | 3. Se por necesidades do servizo é necesario prolongar a xornada de traballo durante as quendas de mañá e tarde, de luns a venres, o/a traballador/a seguirá prestando continuadamente o servizo ata un máximo de 2 horas, sen que o número de horas acumuladas ao mes poida exceder de 8. Cada hora prolongada compensarase cunha diminución de xornada no mesmo trimestre ou no seguinte de 1,50 horas | |
4. A duración da quenda de fin de semana e festivo será de 12 horas, con prestación efectiva de servizos, e poderá comezar ás 8:00, ás 10:00 ou ás 12:00 horas | 4. A duración da quenda de fin de semana e festivo será de 10 horas, con prestación efectiva de servizos, e poderá comezar ás 8:00, ás 14:00, ás 16:00 ou ás 22:00 horas | |
5. A quenda de traballo de 12 horas en día festivo comportará a libranza o día anterior e posterior á mencionada xornada. A realización das quendas de 12 horas ou nocturna de fin de semana comportará a libranza de dous días na mesma semana e dun día máis na semana seguinte. | 5. A quenda de traballo en día festivo comportará a libranza o día anterior e posterior á mencionada xornada. A realización das quendas de fin de semana nocturna de fin de semana comportará a libranza de dous días na mesma semana e dun día máis na semana seguinte. | |
Quenda de noite | 1. Durante o período ordinario, estableceranse quendas nocturnas durante todos os días do período, fins de semana incluído. | 1. Durante o período ordinario, estableceranse quendas nocturnas durante todos os días do período, fins de semana incluído. |
2. A quenda nocturna en día laborable será de 10 horas. A duración da quenda nocturna de fin de semana e festivo será de 10 horas e poderá empezar ás 20:00 ou ás 22:00 horas, co mesmo tempo de resposta previsto para os días laborables. | 2. A quenda nocturna en día laborable será de 10 horas. A duración da quenda nocturna de fin de semana e festivo será de 10 horas e poderá empezar ás 21:00 ou ás 22:00 horas. | |
3. A prolongación das ditas quendas por necesidades do servizo compensarase cunha diminución de xornada de 1,5 horas por cada hora prolongada, de ser posible, durante o mesmo ou seguinte trimestre. | 3. A prolongación das ditas quendas por necesidades do servizo compensarase cunha diminución de xornada de 1,5 horas por cada hora prolongada, de ser posible, durante o mesmo ou seguinte trimestre. | |
Servizos máximos durante o período ordinario | Durante o período ordinario os servizos máximos por traballador/a serán os seguintes: | Durante o período ordinario os servizos máximos por traballador/a serán os seguintes: |
a) 8 quendas de prestación efectiva de servizos en fin de semana completos cada 8 semanas en cómputo anual e nunca en fins de semana consecutivos | a) 8 quendas de prestación efectiva de servizos en fin de semana completos cada 8 semanas en cómputo anual e nunca en fins de semana consecutivos | |
b) 8 quendas nocturnas cada 6 semanas, cada unha das cales se realizarán dentro da mesma semana natural. | b) 8 quendas nocturnas cada 6 semanas, cada unha das cales se realizarán dentro da mesma semana natural. |
PROPOSTA A | PROPOSTA B | |
Período extraordinario | Con carácter xeral, o período extraordinario será de catro meses, que comprenderá, en todo caso, os meses de xullo, agosto e setembro, correspondentes co período de tempo declarado como época de perigo alto de incendios. O mes adicional decidirao o centro directivo competente en materia de incendios forestais e poderá fraccionarse como máximo en dous períodos de 15 días. O inicio de cada un destes períodos adicionais anunciarase con tres días de antelación, sempre que as circunstancias o permitan. | Con carácter xeral, o período extraordinario será de catro meses, que comprenderá, en todo caso, os meses de xullo, agosto e setembro, correspondentes co período de tempo declarado como época de perigo alto de incendios. O mes adicional decidirao o centro directivo competente en materia de incendios forestais e poderá fraccionarse como máximo en dous períodos de 15 días. O inicio de cada un destes períodos adicionais anunciarase con tres días de antelación, sempre que as circunstancias o permitan. |
2. En cada distrito estableceranse as quendas de persoal necesario para atender durante todos os días e horas do período extraordinario a vixilancia, prevención e extinción de incendios forestais e calquera outra continxencia que se produza. As quendas serán de presenza física e a súa duración será de 12 horas, as que se inicien de mañá e de tarde, e terán unha duración de 10 horas as que se inicien de tarde e de noite. | 2. En cada distrito estableceranse as quendas de persoal necesario para atender durante todos os días e horas do período extraordinario a vixilancia, prevención e extinción de incendios forestais e calquera outra continxencia que se produza. As quendas serán de presenza física e a súa duración será de 10 horas. Se por necesidades de servizo é necesario prolongar a xornada de traballo o/a traballador/a seguirá prestando servizo continuadamente o servizo ata un máximo de 2 horas, sen que o número de horas acumuladas ao mes poida exceder de 8. Cada hora de prolongada compensarase cunha diminución de xornada no mesmo ou no seguinte trimestre de 1,50hs. | |
3. Os servizos máximos no período extraordinario serán de 16 quendas mensuais. As quendas en fin de semana realizaranse en fins de semana alternos. | 3. Os servizos máximos no período extraordinario serán de 16 quendas mensuais. As quendas en fin de semana realizaranse en fins de semana alternos. | |
4. No suposto de persoal que teña restrinxidas ou sexa non apto par realizar funcións de extinción, o réxime de prestación de servizos será o do período ordinario e só poderán realizar quendas de fins de semana e festivos comprendidos dentro deste período ordinario. | 4. No suposto de persoal que teña restrinxidas ou sexa non apto par realizar funcións de extinción, o réxime de prestación de servizos será o do período ordinario e só poderán realizar quendas de fins de semana e festivos comprendidos dentro deste período ordinario. |
PROPOSTA A | PROPOSTA B | |
Réxime de descansos e horarios | 1. O persoal gozará dun descanso semanal mínimo de 48 horas consecutivas dentro dun período de 7 días quedando prohibidas as continuidades de quendas superiores a 5 días consecutivos, agás que, por cambio de cadro, as necesidades de rotación do persoal non o permitan, compensándose neste suposto o descanso non gozado nos descansos semanais seguintes. Nos cambios de cadro respectaranse as xornadas de descanso. | 1. O persoal gozará dun descanso semanal mínimo de 48 horas consecutivas dentro dun período de 7 días quedando prohibidas as continuidades de quendas superiores a 5 días consecutivos, agás que, por cambio de cadro, as necesidades de rotación do persoal non o permitan, compensándose neste suposto o descanso non gozado nos descansos semanais seguintes. Nos cambios de cadro respectaranse as xornadas de descanso. |
2. Os cadros de quendas confeccionaranse no último trimestre do ano para todo o exercicio seguinte, serán públicos e dados a coñecer ao persoal afectado. A Administración poderá axustar periodicamente os horarios das quendas se o esixisen as necesidades do servizo, o que se poñerá en coñecemento do persoal afectado cunha antelación mínima de 4 días hábiles. | 2. Os cadros de quendas confeccionaranse no último trimestre do ano para todo o exercicio seguinte, serán públicos e dados a coñecer ao persoal afectado. A Administración poderá axustar periodicamente os horarios das quendas se o esixisen as necesidades do servizo, o que se poñerá en coñecemento do persoal afectado cunha antelación mínima de 4 días hábiles. | |
3. O persoal que preste servizo en quendas, que comprendan integramente os períodos comprendidos entre as 13.00 e as 15.00 horas e entre as 21.00 e as 23.00 horas terán dereito a dispoñer dunha hora en cada un deses períodos para xantar ou cear, sempre e cando a xornada de traballo se inicie ou finalice unha hora antes ou despois dos mencionados períodos e non resulte desatendido o servizo. Para facilitar este dereito, procurarase establecer as quendas que procedan. | 3. O persoal que preste servizo en quendas, que comprendan integramente os períodos comprendidos entre as 13.00 e as 15.00 horas e entre as 21.00 e as 23.00 horas terán dereito a dispoñer dunha hora en cada un deses períodos para xantar ou cear, sempre e cando a xornada de traballo se inicie ou finalice unha hora antes ou despois dos mencionados períodos e non resulte desatendido o servizo. Para facilitar este dereito, procurarase establecer as quendas que procedan. |
CASOS ESPECIAIS:
- Opreradores/as codificadores/as. Estarán suxeitos/as en todo ao réxime do resto de funcionarios/as dos corpos xerais.
- Emisoristas-vixilantes fixos. A única peculiaridade é que nos servizos do 085 debe garantirse que os horarios permitan manter os centros abertos 24×7.
- Brigadas helitransportadas. A secuencia durante todo o ano será Luns-Mércores-Sábado-Dominto-Martes-Xoves-Venres. Os horarios serán os seguintes.
HORAS DE TRABALLO BRIGADAS HELITRANSPORTADAS | |||
MES | DÍA | HORA ENTRADA | HORA SAÍDA |
XANEIRO | 01 a 31 | 9:30 | 16:30 |
FEBREIRO | 01 a 28 | 9:30 | 16:30 |
MARZO | 01 a 10 | 9:30 | 16:30 |
11 a 14 | 10:00 | 17:00 | |
15 a 22 | 10:00 | 19:15 | |
23 a 26 | 10:00 | 19:30 | |
17 a 31 | 10:30 | 20:30 | |
ABRIL | 01 a 04 | 10:30 | 20:30 |
05 a 17 | 10:30 | 20:45 | |
18:30 | 10:30 | 21:00 | |
MAIO | 1 | 10:30 | 21:00 |
02 a 14 | 10:30 | 21:15 | |
15 a 30 | 10:30 | 21:30 | |
31 | 10:30 | 21:45 | |
XUÑO | 01 a 30 | 10:30 | 21:45 |
XULLO | 01 a 23 | 10:30 | 22:00 |
24 a 31 | 10:15 | 21:45 | |
AGOSTO | 01 a 05 | 10:15 | 21:45 |
06 a 16 | 10:00 | 21:30 | |
17 a 26 | 9:45 | 21:15 | |
27 a 31 | 9:30 | 21:00 | |
SETEMBRO | 01 a 04 | 9:30 | 21:00 |
05 a 12 | 9:30 | 20:45 | |
13 a 21 | 9:30 | 20:30 | |
22 a 29 | 9:30 | 20:15 | |
30 | 9:30 | 20:00 | |
OUTUBRO | 01 a 08 | 9:30 | 20:00 |
09 a 17 | 9:30 | 19:45 | |
18 a 31 | 9:30 | 16:30 | |
NOVEMBRO | 01 a 30 | 9:30 | 16:30 |
DECEMBRO | 01 a 31 | 9:30 | 16:30 |
No caso dos/as emisoristas-vixilantes/as fixos/as das bases helitransportadas, farán esta secuencia durante o período no que na base haxa un medio aéreo. O resto do ano, prestarán servizo na emisora do CCD do ámbito xeográfico da base.
UGT NA ROLDA DE INTERVENCIÓNS, PENDENTE DE PRESENTAR AS ALEGACIÓNS QUE SE ESTIMEN, PROPUXO:
- Non compartimos o presentado ao respecto da prolongación de xornada.
- Os horarios deben confeccionarse de xeito homoxéneo dende o CCC para todos os Distritos.
- Período extraordinario máis de 4 meses. Poderíase facer un 6-6.
- Formúlamos a petición dun modelo de cuadrante para analizar as proposta con exemplos.
- Requirimos axuda de custo para as quendas nas que coincidan as horas das comidas e ceas.
- Requírese que en ningún caso se poda realizar máis de 5 días consecutivos de traballo.
- Formúlanse dúbidas ao respecto de como encadran as brigadas helitransportadas nestas propostas, si deben ou teñen que ter un tratamento específico.
- Sobre o exposto ao respecto da RPT, cítamos:
- Solicitamos a presentación dunha memoria económica.
- Solicitamos que as prazas que se crearon sexan estruturais e non se produzan amortizacións.
Outras consideracións:
Logo de que inicio da reunión fose un tanto alterado polo cruce da acusacións entre a Secretaría Xeral e algunha organización sindical ao respecto dunha convocatoria de manifestación, supostamente en contra da negociación do Acordo e outras cuestións. UGT considera que mal se empeza si se pretende remexer as lexítimas pretensións do colectivo de persoal de 6 meses e a súa ampliación de tempo de prestación de servizos coa presente negociación de condicións de traballo do persoal funcionario. Consideramos que todas as reivindicacións son xustas pero todo ten o seu tempo e o seu momento.
UGT asinou o V Convenio Colectivo, entre outras cuestións, pola inclusión do Acordo de condicións de traballo do persoal do SPDCIF, porque o considerabamos un paso crucial de avance de dereitos a loita pola ampliación de 3 a 6 meses na contratación do visualizouse no Acordo de BBFF que levou consigo a funcionarización como avance para o colectivo, o que é unha realidade posto que a mellora da reclasificación do grupo V ao subgrupo C2 supuxo un aumento salarial importante, e que semella que non interesa poñer en valor, pero tamén hai que valoralo.
UGT apostou, aposta e apostará polo avance en dereitos, emprego e salarios é a nosa máxima, sendo conscientes de que os cambios sempre xeran incertezas, pero en ningún caso retrocesos.
UGT cree que no camiño da negociación para a mellora das condicións de traballo de todo o colectivo, negociaremos polo mantemento e ampliación de todos e cada un dos dereitos gañados ao longo destes anos como persoal laboral, pola súa mellora, en todos os colectivos, agora tocan as condicións do persoal funcionario, pero non esquecemos que a máxima debe ser o concepto do Servizo con maiores competencias que abarquen todas as continxencias no rural.
PODEDES REMITIR ALEGACIÓNS AO DOCUMENTO DA ADMINISTRACIÓN A:
sindicato-uxt@xunta.gal