Sectores

Comisión de Persoal Ordinaria

ACORDO DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS FISP

UGT: a favor                     CIG: a favor              CCOO: a favor          CSIF: a favor.

Sentido do voto de UGT:

Os avances, desde o primeiro documento ata o que hoxe se somete a votación, son claros e evidentes. Por indicar algúns:

  • Nas funcións, aténdese a unha máis acaída redacción ao igual que sucede coas activades (tarefas).
  • Especifícase de xeito ordenado a creación dos postos de coordinación.
  • Sobre a revisión do complemento de destino, a argumentación varia substancialmente desde a primeira proposta na que se ligaba esta ao permiso de condución.
  • Nos horarios de traballo, de as 15 tardes ao bimestre, pásase a 10. Inclúese de forma expresa as medidas de flexibilidade horaria que estaban excluídas.
  • As gardas de presenza localizada teñen unha mellor redacción, reducíndose de 8:00 a 20:00hs e recórtanse de 10 ao ano a 6. Engádese a alegación de UGT da obrigada distribución rotatoria e de reparto igualitario e equitativo.
  • Dáse unha nova redacción no apartado de funcións de fins de semana e festivos, que delimita e acouta especificando a zona ao ámbito provincial, incluíndo o apoio da figura do persoal coordinador.
  • Sobre as compensacións de exceso de xornada ordinaria, contén unha nova redacción que identifica o complemento específico diferencial. Quizá sexa o punto máis controvertido, en tanto que puidera ser que o seu resultado sexa insuficiente, cuestión que esperamos contrastar na comisión de seguimento.
  • A mobilidade pasa de 35 días hábiles a 25 ao ano.
  • Os efectos económicos produciranse dende a sinatura do acordo, ligado á publicación da RPT.
  • Na comisión de seguimento non se atendeu a petición de UGT de que figurase expresamente a revisión dos cuadrantes, pero en todo caso interpretamos que si se inclúen de forma implícita por ser resultado do presente acordo. Engádese a posibilidade de convocatoria da comisión a petición das partes, que non figuraba.

MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE SANIDADE (FISP)

UGT:  a favor        CIG: en contra          CCOO: a favor          CSIF:  a favor

Sentido do voto de UGT:

A presente modificación trae causa no Acordo, aprobado tamén hoxe. A Consellería deu cumpridas explicacións das prazas que se amortizan, vacantes na súa totalidade. UGT considerando o que argumenta a Consellería na memoria funcional ao respecto da escaseza de efectivos en determinadas zonas de inspección, avoga pola revisión e creación alí onde sexa necesario á vista da implementación do acordo.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN FRONTE AO ACOSO E ÁS VIOLENCIAS SEXUAIS E PSICOLÓXICAS NO TRABALLO DA XUNTA DE GALICIA.

O Director indica cambios no documento que son consecuencia de aceptar alegacións realizadas polas OOSS na última reunión.

UGT: a favor                     CIG: a favor               CCOO: a favor          CSIF: a favor.

Sentido do voto de UGT:

UGT quere poñer en valor e destacar o traballo de todas as partes empezando por valorar positivamente que o protocolo inclúa todas as tipoloxías de acoso e violencia no traballo, recollendo o pactado polas catro OOSS no seo do CGRRLL, tamén a inclusión de múltiples alegacións e aportacións realizadas por UGT. Neste senso o noso voto é a favor.

Non obstante UGT quere deixar constancia das seguintes cuestións significativas que deberán ser obxecto de tratamento na comisión de seguimento:

  • Ao respecto do Comité de intervención, solicitabamos a inclusión da persoa representante da Unidade de Igualdade de Función Pública.
  • Estimouse a alegación relativa aos prazos do procedemento, non así habilitar un prazo nos supostos de que proceda a apertura de procedemento disciplinario.
  • Ao respecto do procedemento informal, reiteramos a nosa discrepancia con que o asesor confidencial estea vinculado coa figura de persoa delegada de PRL, deberías contar con persoas delegadas de igualdade.

PLAN DE IGUALDADE:

Indica as modificacións nas medidas do Plan, aceptadas dende a pasada Mesa Xeral, enviadas por UGT.

UGT: a favor                     CIG: en contra          CCOO: a favor          CSIF: a favor.

Sentido do voto de UGT:

En primeiro lugar poñemos en valor o traballo realizado, na diagnose e nas súas conclusións, así como nas medidas e no protocolo, ao longo de máis de 28 reunións de traballo e comisións técnicas. É imprescindible contar cun plan e poñelo en marcha, non se trata dun “plan calquera”, reflicte a diagnose en moitos apartados e noutros a carencia de datos e proponse medidas para contar cos mesmos.

Resulta importante que se incluíran como anexos a inmensa cantidade de táboas e datos que foron postos a disposición da Comisión negociadora, co fin de que se puidesen explotar, estudiar e concluír.

O documento de  conclusións e medidas incorpora moitas alegacións de UGT, e queda comprometido o estudo de postos de igual valor e a realización da auditoría retributiva.

Non obstante hai dúas cuestións das que queremos deixar constancia en acta:

  • A primeira é que hai datos que variarán co resultado da aplicación da Lei 20/2021, en materia de infrarrepresentación, e haberá que analizalo para actualizar as medidas que diso se puidera derivar.
  • A segunda cuestión é que estímasenos a alegación de persoa ou Unidade de igualdade en Función Pública, pero reiteramos que ten que existir tamén unha persoa ou Unidade nas diferentes consellerías para a execución das medidas do plan.

ROGOS  E PREGUNTAS:

Información que facilita o Director Xeral da Función Pública:

  • Esta semana está prevista a publicación de todas ou case todas as notas dos procesos selectivos que realizaron o primeiro exame nos meses de xuño e xullo.
  • Remiten hoxe as bases do concurso de corpos e escalas da administración especial:
    • Contén o novo documento algunha alegación aceptada (a antigüidade nos cursos)
    • O obxectivo é comezar a publicar os concursos no mes de setembro.
    • Na primeira reunión veranse cuestións como a valoración do tempo como persoal laboral e o tema dos niveis.
  • Remiten, tamén hoxe, as bases para a Promoción Interna Horizontal, co obxectivo de convocar en setembro.
  • Remitirán esta semana as bases do proceso selectivo de Axentes Facultativos Medioambientais, para iniciar a negociación en setembro.
  • Esta semana está previsto o anuncio da data de realización do exame de galego dos procesos da Lei 20, que indica será case con seguridade na primeira quincena de setembro.
  • Teñen previsto varias que se podan realizar varias reunións (indica que o límite estaría no 10 de agosto) para tratar o Acordo de condicións de traballo do persoal de Política Social, entre outras cuestións.
  • A pregunta de varias OOSS sobre a publicación en DOG no día de hoxe sobre a resolución do nomeamento como persoal funcionario de carreira na escala de auxiliares de clínica, e a data de inicio do cómputo, que aparece segundo se visualice a versión en castelán (19 de setembro) ou galego (3 de outubro de 2023), confirma o que xa comentara na reunión da pasada Mesa Xeral, será o 3 de outubro.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.