Sectores

Apertura do prazo para participar nas oposicións


Lembrámosvos que, tal como se publicou  DOG do 22/12 a Convocatoria do Concurso-oposición de 2023, dende hoxe e ata o  30 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición.

A participación nestas oposicións extraordinarias de xuño de 2023, NON vai a supoñer a inclusión nas listaxes de substitución que permanecerán como se confeccionaron despois dos procesos de 2022.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para axudarvos en todo o proceso podedes acceder ó noso titorial!

Se estades a valorar participar nas oposicións doutras comunidades tedes toda a información no noso boletín de convocatorias a nivel estatal!

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.